Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

O Calvo Xiria suma dous puntos no derbi provincial

Controlou os sesenta minutos de derbi provincial o Calvo Xiria, mais tardou demasiado en poñerse serio no derbi provincial que o enfrontou ao Bm. Ártabro. Moitos minutos xogados sen demasiada…

Controlou os sesenta minutos de derbi provincial o Calvo Xiria, mais tardou demasiado en poñerse serio no derbi provincial que o enfrontou ao Bm. Ártabro. Moitos minutos xogados sen demasiada intensidade se reflectían en que no minuto corenta o conxunto coruñés estivese a so catro goles no electrónico, motivado polo pouco traballo que os xogadores carballeses plasmaban no parqué do Vila de Noia. Mais todo trocou tras un tempo morto a falta de vinte minutos, o parcial a partir de ese intre: 13-5. Unha mágoa que non mantivese esa concentración ao longo dos sesenta minutos, nun partido que tivo moi pouca historia.

Incidencias: Partido disputado no Pavillón Vila de Noia ante uns 200 seareiros. Marcador cada cinco minutos: 3-0, 5-2, 7-5, 10-7, 13-10, 16-11, descanso, 17-12, 19-15, 21-16, 25-19, 27-19, 32-20. Colexiados: Pedro Eiras Abalde e Aaron Sestay Prieto do colexio galego. Excluíron por parte local a: Carlos Lema (2´, 22´e 53´), Manuel Méndez (21´), Mario García (23´), Gonzalo Pombo (35´) mentres que polos visitantes: Alfonso González (1´ cartón vermello), Uxío (26´).
CALVO XIRIA 32 (16 + 16): Alejandro Naya [p], Martín Gómez [p], José L. Fraga [p], Carlos A. Lema, Javier Rodríguez (3), Martín Alfeirán (4), Brais Puñal, Manuel Méndez (5), Jorge Bouzas, Alejandro Calvete (2), Pablo Iglesias (7), Sergio Facal (7), Gonzalo Pombo, Julián López (3), Mario García de Seárez, Iván Campos (1).
BM ÁRTABRO NOVO MESOIRO 20 (11 + 9): Manuel Saavedra [p], André Ferreira [p], Alberto Catoira, Uxío Batán (9), Antón Rodríguez, Igor Dacosta, Alfonso González, Iván Prieto, Duarte España, Diego Lluque (3), Iago Ferreiro (1), Ángel Rodríguez (4), Lucas Domínguez (1), Ángel Canle (2).