Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Infantil masculino

Vitoria no derbi provincial para o Garaysa Xiria

Viaxaba ata Culleredo na mañá do sábado, o mozo conxunto carballés; para enfrontarse ao Bm Culleredo nun partido que se antollaba complicado de inicio, dada a rivalidade e o bo…

Viaxaba ata Culleredo na mañá do sábado, o mozo conxunto carballés; para enfrontarse ao Bm Culleredo nun partido que se antollaba complicado de inicio, dada a rivalidade e o bo facer de ambos os clubs; que sempre mostran a súa mellor cara cando xogan xuntos. E é que a pesar da rivalidade, tamén foi un derbi da deportividade, onde os xogadores demostraron o balonmán que atesouran, e púidose gozar dun bo partido.

O Garaysa Xiria levaría unha vitoria moi traballada, e que lle mantén nos postos de cabeza para seguir soñando, nunha tempada tremendamente igualada na categoría infantil.

Nos primeiros minutos de xogo, igualdade no marcador. Non foi ata o minuto 10 onde o Garaysa tomaría unha pequena vantaxe de 2 goles, aproveitando as transicións en segunda onda. Tentou cortar o ritmo de xogo o adestrador local; pero os carballeses moi enchufados nesta primeira parte; mantiñan o ritmo adecuado para marcharse ao descanso 13 a 19.

Na continuación; o Garaysa non aproveitaba os lanzamentos de 6 metros para sentenciar o choque e permitía ao Culleredo achegarse a 4 goles. O traballo defensivo; non estivo á altura na segunda metade; pero dúas recuperacións de balón; poñían de novo a orde no marcador. Un conxunto o Garaysa Xiria; que se moveu por pequenos refachos e que lle custou manter a regularidade ao longo do partido; aínda así; dous novos puntos que lle manteñen na pelexa polo título.

A semana que vén visita Carballo, o Bm Chapela. Partido a priori, con favoritismo local; pero o adestramento semanal, antóllase clave para volver á regularidade e o bo facer defensivo doutras xornadas.

Incidencias: Partido disputado no pavillón Almeiras ante un centear de seareiros de ambos conxuntos, que estiveron moi animados. Colexiado: Pablo Manuel Barreiro do colexio galego.

BM CULLEREDO 28 ( 13 + 15 ): Jorge López, Iago Bescansa, Martín Insúa, Marcelo Gil, Asel Cambón, Diego Fraguela, Álvaro Del Busto, Nuno Loxo, Mario Cortegoso, Diego Almeida.

GARAYSA XIRIA 34 ( 19 + 15 ): Darío Calviño [p], Mateo Pallas [p], Andrés García, Ángel Viña, Esteban Puñal, Julián García, Samuel Veiga, Pedro Porteiro, Martín Fuentes, Miguel Goimil, Alberto Rodríguez, Juan Martín, Alberto Suárez.

Próximo partido

Máis sobre isto