Vitoria no último partido da casa para o Calvo Xiria Femenino
O pasado domingo, á unha da tarde, o Calvo Xiria Feminino disputou o seu último encontro de liga como local fronte ao Carballal, terceiro clasificado da competición regular. As xogadoras…

Ao descanso 14 – 8domingo 19 de abrilPavillón Vila de Noia1ª autonómica feminina · Liga
O pasado domingo, á unha da tarde, o Calvo Xiria Feminino disputou o seu último encontro de liga como local fronte ao Carballal, terceiro clasificado da competición regular. As xogadoras afrontaban o partido cunha motivación especial, conscientes de que, tras coñecer a asignación da Final Four, este sería o derradeiro compromiso na casa desta tempada.
CALVO XIRIA 22 – A.D CARBALLAL 21
O inicio do encontro estivo marcado pola intensidade do conxunto local, que amosou unha defensa moi activa e ben coordinada, dificultando en gran medida as opcións de anotación do equipo visitante. En ataque, o Calvo Xiria Feminino destacou polas rápidas transicións e por un xogo posicional no que soubo elaborar con criterio as situacións de lanzamento, con maior ou menor acerto, pero sempre ben traballadas.
Este bo facer permitiulles ás locais abrir as primeiras diferenzas no marcador, asinando unha primeira metade moi completa na que chegaron a acadar vantaxes de ata oito goles.
Trala volta dos vestiarios, o Carballal conseguiu axustar mellor o seu xogo e comezou a facer máis dano en ataque. A pesar diso, o conxunto carballés mantívose firme en defensa, corrixindo moitas das situacións comprometidas. En ataque, o xogo volveuse algo máis estático, aínda que coa paciencia suficiente para seguir elaborando opcións.
Nesta segunda metade, o equipo local non estivo tan acertado de cara a portería, pero soubo manterse dentro do partido e fiel ao seu guión. Así, e por diversos factores, o encontro chegou ao treito final cun marcador axustado, deixando patente a mellora competitiva das carballesas respecto ao inicio da tempada.
Finalmente, a vitoria quedou na casa por unha diferenza dun gol, confirmando que o equipo chega en boas condicións aos dous encontros que restan da Final Four que se disputará o fin de semana do 2 e 3 de maio.
O partido
- Ao descanso
- 14 – 8
- Exclusións
- 5
- Tempos mortos
- 4
- Hoxe na táboa
- 5º


