Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Sénior masculino

Volve o Calvo Xiria á senda da vitoria

Acadou o Calvo Xiria a vitoria nun momento moi importante, e ante un equipo que se achegaba, logo das dúas derrotas sufridas de maneira consecutiva, na táboa clasificatoria. Non puido…

Acadou o Calvo Xiria a vitoria nun momento moi importante, e ante un equipo que se achegaba, logo das dúas derrotas sufridas de maneira consecutiva, na táboa clasificatoria. Non puido ser sen a axuda dos seus incondicionais que ateigaron o Vila de Noia para ser parte vital da consecución dos puntos. Chegaban os dous equipos envoltos en dinámicas ben distintas, moito mais favorables aos visitantes, mais o aspecto do Calvo Xiria durante a semana de adestramentos foi mudando para poder chegar o sábado con posibilidades de competir ante un rival co mesmo obxectivo que os carballeses, loitar polas prazas de ascenso. A igualdade que se viu durante os primeiros trinta minutos falaba ben ás claras das intencións do Chapela,e o máis importante, da mellora das prestacións dos verdinegros. Diferenzas no electrónico que non pasaron dos dous goles, e que a tres segundos do descanso se tornaban nun empate que deixaban aberto totalmente o encontro.

Logo do paso polos vestiarios o Calvo Xiria tratou de mellorar na faceta defensiva, incrementando a súa anticipación, o que permitiu que Iago empezase a tocar balóns que daban as primeiras vantaxes para os locais. Foi no derradeiro cuarto de hora cando se viu o mellor xogo dos carballeses das últimas xornadas. Fluidez ofensiva, que non faltou en todo o partido, seriedade no lanzamento, e unha defensa moito máis activa que lograba recuperar balóns para saír á contra, mais sen arriscar a posesión.

Dous puntos moi importantes para un Calvo Xiria que segue na primeira posición, perseguido agora polo Bm Porriño que se atopa a tres puntos, nunha liga que retoma todo o seu interese polo apertado da clasificación.

Incidencias: partido disputado no Pavillón Municipal Vila de Noia ante preto de 500 seareiros. Colexiados: Pablo Castellanos García e Susana Reoyo Zamora do colexio Castelán-Leonés. Castigaron con exclusión polo Calvo Xiria a Brais Puñal (16´), Sergio Facal (28´, 44´), Julián López (32´), namentres polo Rodosa Bm. Chapela foron sancionados Adrián Freiria (8´), Pablo Casal (13´, 35´, 52´), Estanislao Erselle (44´), Rubén Gómez (57´). 7 metros: Calvo Xiria 7//7 Rodosa Bm. Chapela 3//5. Marcador cada 5 minutos: 1-3, 5-5, 8-7, 9-10, 12-13, 15-15, descanso, 17-18, 21-21, 24-22, 27-23, 31-26, 33-27.

CALVO XIRIA 33 (15+18): Santiago Gómez [p], Antonio Mato [p], Brais Puñal (3), Pablo Iglesias (10), Miguel Suárez-Pumariega (1), Uxío Batán (1), Sergio Facal (2), Gonzalo Pombo, Alejandro Calvete, Javier Rodríguez, Julián López, Carlos Vilanova (5), Hugo Rodríguez (5), Juan Carlos Rodríguez, Martín Alfeirán (4), Jorge Bouzas (2).

RODOSA BM CHAPELA 27 (15+12): Anxo Táboas [p], Juan J. Novás [p], Pablo González, Rubén Gómez (5), José M. Cid (4), Enrique Fernández (2), Pablo Martínez (1), Leonardo Domínguez, Alexander Tsybanev (1), Pablo Casal (2), Sergey Tsybanev (7), Adrián Freiria, Pablo Vidal (3), Estanislao Erselle (2).

Próximo partido

Sénior masculino20:3019:30 en CanariasCampeonato estatal de primeira división masculina · Liga regular · Grupo A · Xornada 10
"CIUDAD DE TACORONTE" WSCAN LECOMAR 13 MAYO
CALVO XIRIA

Máis sobre isto