Volve o Calvo Xiria á senda da vitoria
Desexaba o Calvo Xiria esquecer a derrota da pasada xornada e o Bm. Pontevedra, que chegou a Carballo con tan so oito xogadores, caeu ante as gañas que amosaron os…

Desexaba o Calvo Xiria esquecer a derrota da pasada xornada e o Bm. Pontevedra, que chegou a Carballo con tan so oito xogadores, caeu ante as gañas que amosaron os carballeses de levarse os puntos en xogo. Tanto foi así que no minuto vinte o partido xa estaba resolto, feito que provocou que a partires dese intre tanto uns coma outros so agardasen o final do encontro.
Pero estaba o partido marcado por dous feitos positivos para o conxunto local; por una parte a volta tras nove semanas de baixa de Gonzalo Pombo e pola outra a incorporación de Alejandro Calvete. Os dous dispuxeron de minutos e estiveron a un bo nivel, deixando na pista mostra do que poderán sumar ao equipo.
Incidencias: Partido disputado no Pavillón Municipal Vila de Noia con preto de 350 seareiros nas bancadas. Colexiados: Pablo Álvarez Vázquez e Abel Juncal López do colexio galego. Castigaron con exclusión a Martín Alfeirán Villar por parte local, namentres polo Bm Pontevedra foron sancionados Gonzalo García (25´e 57´), Alberto Santiago (27´) e Miguel Roibas (46´) 7 metros: Calvo Xiria -//- Bm Pontevedra 4//4. Marcador cada 5 minutos: 2-1, 7-1, 9-4, 12-4, 16-6, 20-9, descanso, 23-12, 24-12, 27-15, 28-17, 31-20, 33-22.
CALVO XIRIA 33 (20+13): Martín Gómez [p], Iago Gómez [p], Alejandro Naya [p], Carlos A. Lema (2), Javier Rodríguez (2), Brais Puñal (4), Manuel Méndez (1), Sergio Facal (5), Julián López (1), Uxío Batán (2), Alejandro Calvete (6), Martín Alfeirán (2), Pablo Iglesias, Carlos Vilanova (5), Gonzalo Pombo (2), Mario García de Seárez (1).
VITALDENT BM PONTEVEDRA 22 (9+13): Eduardo Alonso [p], Estanislao Erselle (6), Iago Fernández, Miguel Roibas (3), Alberto Santiago (6), Diego Carballa (1), Gonzalo García (5), Víctor Barreiro (1).