Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

O Goldie Xiria non poido coa boa defensa do Caselas

Goldie Xiria 16 – Balonmán Caselas 24 (8-10) A gran defensa despregada polo Balonmán Caselas en Carballo, converteuse nun gran obstáculo para o Goldie Xiria que non foi capaz de…

Goldie Xiria 16 – Balonmán Caselas 24 (8-10)

A gran defensa despregada polo Balonmán Caselas en Carballo, converteuse nun gran obstáculo para o Goldie Xiria que non foi capaz de pasar dos 16 goles, feito que decantou a vitoria para as visitantes, a pesar do esforzo e bo partido do Xiria durante os 60 minutos.

Pese a circular o balón con certa fluidez, non se acadaban boas posicións de lanzamento e cando se facía, as xogadores do Goldie topábanse coa porteira visitante. Arrancou o Caselas con certa vantaxe no marcador, pero o Goldie apertando en defensa continuo poñéndolle as cousas difíciles as visitantes, cerrando ao descanso cun 8 a 10, cunha segunda parte aberta en canto a resultado.

Volteou o Goldie do vestiario con máis empuxe, pero a defensa do Caselas con certa pasividade arbitral, sobre todo en permitirlle as defensas interiores, non concedía ocasións de gol as carballesas. Entrouse nun intercambio de poucos goles, que favorecía as visitantes, o que obrigou a arriscar ao Goldie cunha defensa aberta, deixando demasiadas ocasións a un Caselas que co pitido final conseguía a maior diferencia no marcador 16 a 22.

Goldie Xiria 16: Brenda Noya (porteira) Marta Regueira 4, Natalia Solís, Jessica Posse 2, Leticia Casal, Sheila Ferreiro, Alba Pombo 2, Zeltia Landeira 2, Juana Garrochena 4, Raquel Gómez 1, Elena Segade, Laura Carracedo, Ainoa Míguez, e Adriana Gómez 1.

Balonmán Caselas 24 : Vanesa e Zara (porteiras), Paula 2, Silvia, Antía 9, Sandra 2, Noelia 2, Lorena 1, Yolanda 4, Aida 1, Cristina 1, Marta e Iris

PARCIALES: /1-3//3-5//4-7//5-8//6-10//8-10//—–/9-13//12-15//13-16//14-18//15-20//16-22/

Arbitraron: Carlos Calvae e Angel Villar, excluíron a Marta polo Goldie e a Iris polo Caselas.