Iván Amarelle non continuará no Calvo Xiria. O xogador carballés incorporarase á disciplina do Octavio da División de Honra Prata. Dende a familia de Xiria énchenos de satisfacción que clubs de categorías superiores poñan os seus ollos nos nosos rapaces e só nos queda desexarlle a Iván toda a sorte do mundo nesta nova andaina e que o seu crecemento deportivo poida chegar e aspirar ás cotas máis altas.