Calvo Xiria e Goldie Xiria botan a andar esta fin de semana
Con moita ilusión, e traballo feito tras seis semanas de pretempada, inicia unha nova andaina o Calvo Xiria na liga de 1ª Estatal co obxectivo de mellorar o quinto posto…

Con moita ilusión, e traballo feito tras seis semanas de pretempada, inicia unha nova andaina o Calvo Xiria na liga de 1ª Estatal co obxectivo de mellorar o quinto posto do curso pasado. O primeiro envite será na Cañiza, ante un equipo, o Saeplast, moi renovado e que tentará seguir a crecer coma nos pasados anos. Nova tempada, mais os argumentos dos carballeses deberían de ser os mesmos, defensa e velocidade no xogo ofensivo, cunha plantilla con experiencia suficiente para saber sufrir nas pistas complicadas, a primeira delas este sábado ás 18:30 no Municipal da Cañiza.
E tamén as rapazas sénior de Escolas Balonmán Xiria inician a súa liga, neste caso o domingo. Cun equipo máis novo, até 5 xogadoras en idade xuvenil, o Goldie Xiria desprázase a Tui para disputar o seu primeiro partido, cerca do seu mellor momento de forma para afrontar una campaña que semella vai ser moi dura pola calidade dos equipos ante os que terá que xogar.
Na división de honra triplo enfrontamento entre Xiria e Lalín,un difícil rival para os carballeses, o domingo no Vila de Noia. Ás 10:00 o Garaysa Xiria abre a xornada no que será un partido de moito esforzo, e no que os locais tentarán manter a liña da pasada semana. O Grupo Lemaco Xiria, dende as 11:15, tentará acadar os dous primeiros puntos da liga nun encontro que se presume igualado e moi vistoso para os seareiros. E para rematar o Laber Xiria terá ás 12:45 enfronte a un dos favoritos para o título de campión galego. En resume unha maná de moi bo balonmán. Non faltes.
