Hierros Varela Urbieta Xiria 29 – Ribadosar Amancio Deportes 27 (19-15)
Golpe de autoridade na Liga do Hierros Varela Urbieta vencendo ao Ribadosar, líder ata o momento, nun gran choque que deixa aos carballeses ao fronte da clasificación a falta de catro xornadas para a finalización.
Eran conscientes ambos equipos do que se xogaban, e os nervios floreceron en diferentes partes do encontro para cada un deles. Si o Xiria saíu máis enchufado ao partido e o Ribadosar amosaba as dúbidas no inicio do mesmo, na parte final os papeis cambiáronse, os santiagueses foron a máis, mentres os de Carballo empezaron a encollerse, a pesar de lo souberon xogar os derradeiros minutos con presión e facerse co primeiro posto a consta do seu rival.
Con boa disposición defensiva e cun completo repertorio de bo facer no ataque, o Xiria presentaba as súas opcións de facerse co partido, mentres o Ribadosar moi trabado no ataque ía perdendo intensidade no xogo. O Hierros Varela Urbieta acadaba a maior diferenza do encontro cun 14 a 8 que parecía darlle moitas opcións.
Apremaron os santiagueses na segunda metade, reducindo a diferenza en un 22 a 20 a falta de 15 minutos, un pequeno desconcerto coincidindo coa lesión e abandono do encontro de Diego Rodríguez por un golpe, xunto cuns erros de ocasión claras diante do porteiro, daban a igualdade ao partido. Soubo xogar o Xiria con esa renda a favor ata o final no que foi ese definitivo 29 a 27.
Hierros Varela Urbieta Xiria 27 (19): Julio Ferreiro e Pedro Pena (porteiros) Carlos Varela 6, Aaron Rodríguez 2, Diego Rodríguez 1, Fernando Mallo 5, Xurxo Díaz, Pablo Esmorís, Javi Rodríguez, Franco Rial 5, Roque Chao e Toni Calvelo 8.
Ribadosar Amancio Deportes 25 (15): Mateo Mejuto e Rubén Suárez (porteiros) Ari Stermmansoon 2, Xoaquín Tarrio 6, Felipe Ninni 10, Bruno Montes 2, Gonzalo Guerra 3, Ricardo Franco 1, Enrique Vázquez 1 e Jorge Tourón.
Arbitrou: Pedro Bermúdez, sen complicacións