Derrota do Hierros Varela Urbieta fronte ao Balonmán Culleredo

Balonmán Culleredo 34 – Hierros Varela Urbieta Xiria 30

Un Hierros Varela Urbieta moi combativo loitou ata o final para impoñerse ao Culleredo, pero o ribal soubo aguantar e xogar os derradeiros minutos.

Encontro equilibrado de ambos equipos enchufados dende os primeiros minutos, con despliegue de xogo ofensivo e con intensidade en defensa. Dominou por veces o marcador o equipo de Culleredo, pero en todo momento o Xiria apremaba e volvía a meterse na loita pola vitoria.

O seis cero defensivo e de maior envergadura do rival, fixo que o Hierros Varela Urbieta tivese que variar por veces a disposición dos seus atacantes, intentando abrir espazos para a penetración e dispor de mellores lanzamentos de cara a gol. Si na primeira metade o Xiria vía case imposible atopar lanzamento polos extremos, na reanudación, foi a efectividade nestes lanzamentos o que lles deron a oportunidade de igualar o choque e apremar ao Culleredo, pero aí os locais estiveron finos e acertados de cara a gol, facéndose coa vitoria.

Bm Culleredo 34 (18) Oscar Bello e Gabriel Alvarez (porteiros) Brais Pérez, Samuel Delgado 3, Borja Cabdevilla 5, Daniel Del Rio, Asier Blanco 6, Jaime Leira 4, Julián González 1, Marco García 8, Guillermo Seijo 6, Bruno Rodríguez, Charles Zas e Francisco García 1.

Hierros Varela Urbieta Xiria 30  (14): Julio Ferreiro e Pedro Pena (porteiros) Diego Rodríguez 2, Carlos Varela 5, Javi Rodríguez, Alex Puñal , Fernando Mallo 7, Pablo Esmorís , Aaron Rodríguez 5, Iván Hernández, Franco Rial 4 e Toni Calvelo 7.

 

Arbitrou: Blanca Vázquez, sen complicacións