3 vitorias e 1 derrota nos últimos 4 enfrontamentos do Garaysa Xiria

Globalmar Sealand Carballal 29- Garaysa Xiria 32. (22/2/2020)

 

Partido correspondente á xornada 18. O Garaysa viaxaba ata Vigo para enfrontarse a o Carballal  nunha difícil pista.

No comezo do partido ningún dos dous equipos conseguía axustar as súas defensas. Nos primeiros intres o equipo local levaba a dianteira ante uns carballeses que comezaban moi despistados. Con todo o Garaysa conseguiu chegar ao descanso con 15-15.

 

A segunda metade estivo marcada pola igualdade e ata os últimos intres, nos que o Garaysa soupo manexar os momentos de tensión, non se decidiu o partido. Así, o Garaysa conseguiu dous puntos moi valiosos con un marcador de 29-32.

 

Hugo García (3), Manuel Pérez (5), Pablo Suárez , Xurxo Fraga (5), Marcos Amarelle (3) , Miguel Cambón ,  Ángel Villa (1) , Manuel Rey (1), Erik Vázquez (3), Pablo Veiga (11), Daniel Bello (p).

 

Bm Rodeiro Cogal 31- Garaysa Xiria 33 (26/02/2020)

 

Partido pertencente á xornada 20 da liga regular. O comezo do partido foi un monólgo do Rodeiro que con un ritmo de xogo moi alto poñía contra as cordas o equipo carballés. De este xeito ao descanso 5 goles abaixo no marcador.

 

Foi na segunda metade cando o Garaysa despertou e dende o minuto 10 de segunda metade, e grazas a unha defensa moi anticipativa conseguía darlle a volta aos 5 goles de desventaxa. Finalmente o Garaysa conseguía levar os dous puntos nun final de infarto.

 

 Hugo García (3), Manuel Pérez (4), Pablo Suárez , Xurxo Fraga (9), Marcos Amarelle (3) , Miguel Cambón ,  Ángel Villar , Manuel Rey (4), Erik Vázquez (3), Pablo Veiga (7), Daniel Bello (p), Antón Pardiñas.

 

Garaysa Xiria 38- Coruña Investo OAR 22  (29/02/2020)

 

Partido correspondente á xornada 19. O Garaysa viña con moitas ganas de mellorar o seu xogo sobre todo defensivo. Os primeiro minutos foron de igualdade, sen embargo, a partir do minuto 10 da primeira metade o Garaysa conseguiu imponer o seu xogo e con moita velocidade nas transición poñía terra de por medio no marcador. De este xeito conseguía unha boa renta que iba a manter e agrandar co paso dos minutos. De este xeito impuxose con solvencia no derradeiro derbi da liga.

Hugo García (2), Manuel Pérez (3), Pablo Suárez (5) , Xurxo Fraga (7), Marcos Amarelle , Miguel Cambón (2) ,  Ángel Villa (1) , Manuel Rey (5), Erik Vázquez (8), Pablo Veiga (6), Daniel Bello (p).

 

 

Cisne Mundo de Sepo 31- Garaysa 24

Partido correspondente á xornada 15 o cal tivera que ser aprazado no minuto 15 da primeira metade polo mal estado da pista debido á humidade, estado que facía poner en perigo a integridade dos rapaces.

 

De este xeito o Garaysa viaxaba con unha losa, o marcador ía 10-3 no momento no que se parou o encontró. A pesares da dificultade existentes os craballeses sairon ao campoo dispostos a loitar cada minuto por revertir ese marcador. Sen embargo o Cisne é tamén un gran equipo que llo puxo ben difícil aos carballeses. De este xeito o Garaysa a pesares da loita ate o minuto final, non se puido recortar no marcador e a vantaxe de 7 goles para os de Pontevedra mantivose intacta. Este partido fai que o Garaysa non dependa de sí mesmo na loita pola primeira praza. A pesares de isto os carballeses deron toda unha lección de coraxe e competividade.

 

Hugo García, Manuel Pérez (1), Pablo Suárez , Xurxo Fraga (3), Marcos Amarelle (1) , Miguel Cambón ,  Ángel Villa , Manuel Rey (1), Erik Vázquez (1), Pablo Veiga (17), Daniel Bello (p).