O Goldie Xiria Carballo Turismo, queda ás portas de dar a sorpresa en Meaño

Gran partido do Goldie Xiria, que a pesar das baixas e de viaxar só con doce xogadoras, a punto estivo de dar a sorpresa na cancha do segundo clasificado, o Asmubal Meaño Tecnelsa.

Destaca por encima de todo, a seriedade e concentración coa que o conxunto carballés afrontou este partido, completando un encontro notable e unha primeira parte sobresainte.

Despois dun primeiro tempo igualado, onde as locais gozarían de mínimas rendas, o Goldie Xiria Carballo Turismo adiantábase no marcador grazas a un balón roubado e a un gol en contraataque, que daba vantaxe ás bergantiñás cando soaba a chicharra que anunciaba o tempo de descanso. O bo facer da retagarda e o desplegue do contraataque en segunda onda, serían factores craves para que este resultado tornásese positivo ao termo do primeiros trinta minutos (11-12).

O equipo local sairía cunha marcha máis na continuación, sabedoras que o seu esforzo non ía ser suficiente ante un Goldie Xiria lúcido no día de hoxe, así, conseguirían distanciarse por dous goles de diferenza no meridiano deste tempo (18-16), que se converterían en catro goles (22-18) a falta de dez minutos para a conclusión. Eses cinco minutos nos que o Goldie Xiria sufriría unha desconexión e sumaría ata catro perdas de balón consecutivas, sería, ao cabo, factor definitivo para que as de Meaño levasen a vitoria.

As de Carballo volverían asentarse sobre a pista e a asegurar cada balón no seu poder, pero un equipo co potencial do Asmubal Meaño Tecnelsa, non se deixaría sorprender e aproveitaría a renda para conseguir a vitoria sen dar posibilidade a sorpresas nos minutos finais.

Asmubal Meaño Tecnelsa: 28 (11+17). Mónica Sineiro, Natalia Romero (3), Iria Padín (1), María Fresco, Débora Garrido (2), Anabel Otero (5), Laura Miniño (7), Sara Estévez (2), Victoria Domínguez (2), Vanessa Domínguez, Lorena Ligero, Ángela López, Lara Castro (1), Carla Casal (2), Sabela Miniño (3).

 Goldie Xiria Carballo Turismo: 14 (7+7). Sara Pose (p), Nadia Campos (p), Carla Santiago, Aida Vizcaino, Mina Ribullen (5), Minia Calvo (3), Jessica Posse (4), Alba Rodríguez (6), Elena Segade (2), Eva Calvelo (2), Raquel Gómez (2), Sheila Ferreiro.

Colexiados: Pablo Barreiro e Christian García. Ben en liñas xeráis

Parciais cada 5´: 2-2 / 4-4 / 7-6 /8-7 / 9-8 / 11-12 – Descanso – 12-13 / 15-14 / 18-16 / 22-18 / 25-21 / 28-24 – Final.

Incidencias: Encontro correspondente a 19ª xornada na 1ª autonómica feminina disputado no pavillón de Coirón – Meaño ante cento cincuenta persoas.