Previa da xornada con Julián e Raquel

1ª Nacional

 O Calvo Xiria buscará romper coa dinámica de resultados na sempre complicada pista do Bueu Atlético. Fran, Aaron e Edu causan baixa de longa duración; pero recupéranse Gabriel e Alejandro que non están ao 100% pero deben volver á dinámica do grupo aos poucos. Bueu é un equipo ben estruturado, cunha idea de xogo definida e que todos comprenden; por iso mantén a regularidade ao longo dos 60 minutos e a pesar do que diga a clasificación, foi capaz de competir contra todos os seus rivais. Por tanto, o Calvo Xiria ten que manter o bloque defensivo unido con saídas ante o 1×1 local, e prestar atención ao balance defensivo. A coordinación defensiva neste encontro debe ser acertada para poder competir e facerse cos dous puntos.

1ª Autonómica Feminina

 Última xornada da primeira fase para o Calvo Xiria, que xogará no Lalín Arena o domingo ás 12:00 contra o Coreti Lalín. En está última xornada está en xogo o clasificarse para a seguinte fase no Grupo polo título. Aínda que o Calvo Xiria depende de si mesmo, xa que os dous puntos manteríanlles terceiros. Polo que teñen que saír concentradas no seu propio partido, xogar ben e manterse intensas ao longo do partido. Manuel López, a priori, ten a todas as xogadoras dispoñibles.

Categorías Base; Liga Ouro

 Dobre xornada, a domicilio para o Laber Xiria A, o sábado xoga contra o Panadería Boas Migas Bm Cangas ás 11:30 e o domingo ás 19:00 contra Bm Culleredo Despreocupate.es. Debe mostrarse infalible, xa que neste momento da tempada cada partido é unha final se queren alcanzar a final4. O Hierros Varela Urbieta Xiria recibe o sábado ás 19:00 no Vila de Noia ao SD Teucro Clínica Veterisaúde. Un grupo de xogadoras que busca quedar entre as seis primeiras clasificadas. O Grupo Lemaco Xiria A, tamén ten dobre xornada, o sábado ás 17:00 recibe a SAR e o martes viaxa ata Pontevedra para xogar contra o Cisne ás 17:15. Dous partidos de suma importancia na pelexa polo título, despois do tropezón da semana pasada. O Punta del Este Xiria A, recibe ao Bueu Atlético o sábado ás 12:30. O impresionante refacho de vitorias convida a soñar cunha posible final4. O Garaysa Xiria é outro dos equipos que dobra xornada esta fin de semana. O sábado ás 16:00 en Tui e o domingo en Carballo contra o Balonman Chapela ás 12:00. Gran expectación por ver a evolución destes xogadores.

Categorías Base; Liga Prata

O Laber Xiria B, xogará o domingo ás 12:30 en Lugo, contra o Cp Lucense. O Grupo Lemaco Xiria B, ás 10:30 en Culleredo e o Punta del Este Xiria B, xogará o sábado ás 11:15 en Carballo contra Millaven Centro Xardín Cp Lucense. Os 3 equipos xóganse o liderado dos seus respectivos grupos.

Categorías Base; Alevín 7

Carpintería Gómez Xiria dobra xornada, sábado ás 10:00 contra Línea 21 e domingo ás 12:00 contra Gas Abegondo. Tamén o Laber Xiria xogará dous partidos; o sábado ás 10:00 en Abegondo e o domingo ás 10:30 contra o Club Balonmán Atlántico. Garaysa Xiria xoga o sábado en Abegondo ás 11:00 e o domingo será a quenda para Reneymar Xiria.

Categorías Base; Alevín 5 e benxamín 5

Comezamos a segunda fase das competicións de balonmán 5. Insplaber Xiria xogará en Lugo o sábado pola mañá, Reneymar Xiria farao o domingo no Ceip Fogar. Maquisaba Xiria B e Telepizza Xiria xogarán o sábado no pavillón de Tarrío. Óptica Auris Xiria o domingo en Santa Comba e Maquisaba Xiria A xogará o domingo no Ceip Fogar.