O Grupo Lemaco Xiria B, proclamase campión do grupo A

 

Queda unha xornada para acabar a primeira fase da tempada e o Grupo Lemaco Xiria B, é un dos equipos que xogará na loita polo título da liga prata. O seguinte grupo formarano os dous primeiros clasificados dos grupos A, B e C. Unha tempada que van de menos a máis, cunha progresión ascendente; terán agora unha nova esixencia cada fin de semana.

No referente ao partido deste domingo en Culleredo, o equipo mostrouse superior ao conxunto local, como reflicte o marcador. Aínda así tivo problemas a nivel defensivo, en tarefas como; nos cambios de opoñente e a fixación que realizaba o pivote sobre os seus defensores, tamén en zonas exteriores debe mellorar as accións de 1×2.

Nos primeiros compases de xogo o Grupo Lemaco Xiria tardou en axustarse, polo que tardaría en conseguir as primeiras vantaxes. Coa defensa 5:1 coordinada e a maior activación dos xogadores empezaban a recuperar balóns, permitíalles xogar en ataque posicional con calma. A diferenza física entre un e outro equipo permitíalle goles fáciles no posicional. Polo que se chegaba ao descanso con 8 a 18. Tras o paso por vestiarios, o Grupo Lemaco Xiria B, subía o ritmo desde a defensa e acababa de romper o partido a través do contraataque. O resultado final de 21 a 36, reflicte a diferenza que houbo sobre o 40×20.

Bm Culleredo Climanosa 21 – Grupo Lemaco Xiria B 36

Bm Culleredo Climanosa (8+13): Mateo Pérez, Rubén Gantes, Hugo Vázquez, Iago Vázquez (2), Álvaro Siso (6), Adrián López, Nicolás Arias (1), Adrián Pestonit, Xoel Insúa (2), Mario Sánchez (1), Bruno Pardo (3), Nicolás Díaz, Anxo Garrido (1), Félix Noya (4), Bieito Muiña, Nicolás Casal.

Grupo Lemaco Xiria B (17+20): Yago Sande [p], Henrique Traba (8), Álvaro García, Daniel Periscal (4), Diego Mourelle (2), Jorge Rodríguez (4), Marcos Suárez (9), Brais Suárez (2), Diego Barbeira, Simón Viña (4), Máxi Días (1), Aday Gómez (2).

Árbitros: Pablo Torrero do colexio galego.

Incidencias: Partido correspondente a 17ª xornada do Grupo A cadete prata, disputado no pavillón de Almeiras (Culleredo).