Os equipos do Punta del Este Xiria aproveitan a ola

Dúas novas vitorias para os equipos do Punta del Este Xiria que seguen coa racha de vitorias unha semana máis.

As nenas de Ouro visitaban unha pista incómoda o domingo pola mañá en A Cañiza, onde o plantexamento defensivo das locais trastocou un pouco as ideas das carballesas que tiveron que ir adaptándose co paso dos minutos. A pesares de non ofrecer un xogo moi vistoso, o partido foi dominado polas de Zarra con cortas diferencias na primeira metade.

Xa na reanudación, foron quen de ir abrindo distancia ata chegar a unha máxima renda de 7 goles que se vería reducida no final do encontro (13-17).

Dous novos puntos despois de cinco vitorias seguidas que enganchan as carballesas na loita pola zona noble. O próximo sábado visitará Carballo o Bm. Bueu, equipo que xa gañou as verdes no encontro de ida (13-12).

O día anterior, as nenas de Prata disputaban o derbi na penúltima xornada en A Coruña ante o Bm. Brigantium. Nun partido onde as verdes saíron con moita forza (1-6, min. 7) plantexaron un partido cómodo que permitiu moitas rotacións e sumar con outra vitoria (13-18), e xa van once, os dous puntos que lles aseguran a primeira praza nesta primeira fase despois do empate do segundo clasificado (Bm. Lucense) na casa.

Está semana serán as lucenses as que visiten ás carballesas, despois da viatoria acadada na pista do Lucense na primeira volta (9-12), en xogo dous puntos importantísimos para a segunda fase.