A condensación déixanos sen un emocionante partido entre o Goldie Xiria e o Asmubal Meaño

Cando transcorría o minuto 17:57 e tras varios resbalóns das xogadoras, ambos os equipos en consenso cos árbitros puxeron fin ao partido debido á condensación.

Ata ese momento o encontro transcorría con igualdade na que as xogadoras do Goldie Xiria; estiveron máis acertadas cara a portería o que lle permitiu ir cunha pequena vantaxe de dous goles.

Salvo novidade de última hora, o que queda do encontro disputarase o vindeiro venres 8 de febreiro ás 21:30.

Goldie Xiria 8 – 6 Asmubal Meaño (SUSPENDIDO)

Goldie Xiria: Nadia Vázquez ( p), Sara Pose ( p), Juana Garrochena, Aida Vizcaíno, Mina Ribullén, Alba Rodríguez, Tamara Pombo, Jessica Posse, Eva Calvelo, Saray Couto, Elena Segade, Sheila Ferreiro, Raquel Gómez e Soraya Martínez.

Asmubal Meaño: Mónica Sineiro, Raquel Sineiro, Laura Miniño, Anabel Otero, María Fresco, Débora Garrido, Vitoria Domínguez, Iria Padín, Sara Estévez, Vanesa Domínguez, Andrea Cores, Ariana Vázquez, Raquel Gondar e Laura Rivas.

Árbitros: Cristina Olleros Vázquez e Wallace Moreira De Sáelles do colexio galego.

Incidencias: Partido correspondente á décimo quinta xornada da Primeira División Autonómica Feminina dispùtado no Pavillón CEIP Fogar ante uns 100 espectadores.