A defensa lastra ao Calvo Xiria no Polvorín

O Calvo Xiria foi de máis a menos, nun partido no que non se sentiu cómodo; pero o carácter gañador do equipo, fixo que nunca baixase os brazos; pelexando o partido ata a última acción; aínda que é certo, que ás veces tamén é necesario ter carácter defensivo e o equipo non soubo atopalo neste choque.

A derrota do Chapela mantén líder ao Calvo Xiria, coa mesma diferenza de puntos sobre o segundo; que agora é o Lanzarote. O Bm Cañiza asoma cuarto; apertando a clasificación, e dando emoción e as prazas que dan dereito á fase de ascenso.

O partido comezaba moi igualado; prevíase moita acción e velocidade nas transicións, e así, un ritmo frenético, que o Calvo Xiria, mellor axustado no 6:0 e con Antonio Mato protagonizando o inicio, rompía a balanza ao seu favor cun claro 4 a 8; podendo ser maior a diferenza de aproveitar dous lanzamentos de contraataque claros. Cañiza tardaba 10 minutos en empezar a atopar espazos na defensa visitante; pero o Calvo Xiria, seguía cosendo a goles nas transicións defensa-ataque. Isma Lago; pedía tempo morto con 8 a 11; e a xogada non lle podía saír mellor; xa que ao gol de Alejandro Pereiro, había que sumarlle unha exclusión que deixaba ao Xiria en inferioridade. Momento que aproveitaron os locais, para poñerse a un gol.

A falta de 5 minutos para acabar a primeira parte, o Xiria, non atopou o gol; e o momento de lanzamento non era o adecuado, aproveitando o Cañiza contraataques cómodos, o que levou ao descanso un 18 a 15.

A continuación; de novo moita igualadade; 22 a 19; pero os dous equipos atopando goles, demasiado fáciles; os xogadores de ambos os equipos, atopábanse en situacións cómodas dentro dos 9 metros. Os locais foron máis efectivos e chegados ao minuto 15 (31-25), Adrián Dubra paraba o partido.

O partido era un auténtico correcalles; e o Calvo Xiria, aproveitaba as situacións de desigualdade numérica, para recortar diferenzas. Presionaban cando eran un xogador máis, e cando estaban un menos tiñan a necesidade, de ser máis contundentes o que permitiu reducir a diferenza a dous goles, quedando unicamente 4 minutos (36-34). A parte final, intercambio de goles, sen defensas; que chegaron ao marcador ao 40 a 38 final.

O Calvo Xiria volve a semana que vén ao Vila de Noia, para enfrontar ao Carnes do Ribeiro.

Balonman Saeplast Cañiza 40 – Calvo Xiria 38

Balonman Saeplast Cañiza (18+22): Pablo González (2), Martín Dávila (2), Alejandro Pereiro (9), Manuel Alejandro Gómez (1), Marcos Carrera, Carlos Rodríguez, Pablo Martínez, Sául Candan, Iñigo Silva, Miguel Guedes, David Costa, Eloy Molanes, Xosé Canedo (12), Jesús Lago (2), Miguel Couñago (1), Javier Bernárdez (9).

Calvo Xiria (15+23): Antonio Mato (p), Iago Gómez (p), Fari (1), Fran Rey (1), Dani Mallo (5), Chimpo Rodríguez (4), Diego Vega (4), Juanka Rodríguez (11), Manu Méndez (1), Alejandro Gómez, Jorge Bouzas (1), Aaron Rodríguez, Mario Cancela, David García (7), Adrián Losón, Edu Cousillas (2).

Árbitros: Pablo San Emeterio y Javier Ariño.

Incidencias: Partido correspondente á décimo oitava xornada do Grupo A de a Primeira Estatal disputado no pavillón mpal da Cañiza.