A gran defensa do Laber permítelle un partido cómodo diante do Octavio

Laber Xiria 29 – Academia Octavio 20 (16-7)

Agardábase un partido duro e complicado para o Xiria fronte a un Academia Octavio de moita maior envergadura e kilos, desta vez o Laber Xiria en defensa amosou intensidade e concentración durante todo o partido sendo tamén acompañado pola gran labor na portería, especialmente nos primeiros 15 minutos de encontro, que lle serviron para marcar diferenzas co rival e facerse coa vitoria.

Acadando vantaxe nos primeiros minutos, o Laber tamén en ataque era capaz de facer dano ao Octavio, movía con rigor e velocidade ata conseguir boas opcións de lanzamento que acababan a maior das veces en gol, un 16 a 7 no descanso daba imaxe do que estaba a ser o encontro.

Na segunda metade o Xiria tan so tiña que deixar transcorrer os minutos e aproveitar o encontro para darlle solidez ao seu xogo. Reaccionou o Octavio, despregando variedade de recursos no ataque e cambiando as veces de sistema defensivo con máis presión sobre a primeira liña local, pero o marcador seguiu polos mesmos guáresmos finalizando co resultado de 29 a 20.

Grupo Lemaco Xiria 29 (16): Diego Lema e Julio Ferreiro (porteiros) Iker Martínez 2, Alex Gómez 12, Adrián Mesejo, Mario Cancela 7, Dani Mallo, Franco Rial 4, Diego Antelo, Aaron Rodríguez 1, Brais Vila, Ivan Hernández, Renzo Díaz, Andrés Urbieta 3 e Manuel Rama.

Academia Octavio 20(7): Daniel Pérez e Iago González, (porteiros) , Andre De Moura 4, Asier Cerqueira, Gonzalo Touza 2, David Castiñeira 2, Daniel Arcila 2, Iñaki Da Cunha 2, Martín Rial 4, César Vázquez 1, Alvaro Cameselle 1, Breogán González 1, Carlos Novoa 1

Marcador cada 5 min: 2-0 / 6-0 / 10-2 / 13-4/ 16-4 / 16-7/ 19-10 / 21-12 / 22-14/ 24-15/ 27-18/ 29-20

Arbitraron: Cristian García e Andrés Hermida, sen complicacións.