A inexperiencia impide ao Garaysa puntuar e acaba terceiro.
Sabía da complicación do partido o Garaysa, que visitaba Vigo para tentar cortar o refacho de vitorias do lider Carballal. O partido tería dúas caras totalmente opostas, e é que…

Sabía da complicación do partido o Garaysa, que visitaba Vigo para tentar cortar o refacho de vitorias do lider Carballal.
O partido tería dúas caras totalmente opostas, e é que na primeira metade, ningún equipo era capaz de imporse; a igualdade e a tensión eran máximas, con cambios constantes no marcador a favor dun e outro equipo; calquera erro era aproveitado pola contra e foron dúas perdas de balón o que permitiu ao Carballal chegar con vantaxe ao descanso. 16-13
Na continuación, todo parecía seguir igual; volvían as pequenas diferenzas, ata que un desfalecemento visitante, froito do nerviosismo, co que haberá que aprender a convivir; entre os minutos 30 e 35, puña patas arriba o marcador; cun parcial de 8-0, favorable ao Carballal. Sen nada que perder o Garaysa tentaría unha remontada épica; algo que ás veces sae ben e moitas outras, non.
A coraxe e a entrega non se lle discute a estes pequenos carballeses, que a partir da semana que vén, empezarán a loita polo campionato galego visitando de novo a pista do A.D. Carballal, onde tentarán que non se repita o mesmo resultado.
Incidencias: Partido disputado no pavillón municipal do Loureiro ante 100 seareiros. Colexiado: Andrés Hérmida Vila do colexio galego. Sen complicacións. Castigou con exclusión a Alejandro López (47´), por parte local, namentres polo Garaysa Xiria foi sancionado Alejandro Gómez (21´) / 7 metros: A.D. Carballal 1/1 // Garaysa Xiria 0/2.
Marcador cada 5 minutos: 4-4, 7-5, 9-8, 12-11, 16-13, descanso, 20-17, 28-17, 32-22, 34-25, 36-28.
A.D. CARBALLAL 36 ( 16 + 20 ): Jose Manuel Chao (7), Alberto Romero (3), Roi Gallego (3), Bias Cabaleiro, Mario González (7), Pablo González, Carlos Mariño (2), Iago Costas (5), Alejandro López (5), Ignacio Costas (2), Pablo Neira (2), Brais Alonso, Pedro Fernández.
GARAYSA XIRIA 28 ( 13 + 15 ): Julio Ferreiro [p], Diego Lema [p], Mario Rincón (1), Daniel Mallo (5), Alejandro Gómez (9), Mario Cancela (2), Juan Pereira, Diego Antelo, Iago Rincón (6), Adrián Mesejo (1), Iker Martínez (1), Franco Rial (3), Xurxo Díaz.






