Un bo Goldie Xiria planta cara ao Rasoeiro
Meloxeira Rasoeiro 30 – Goldie Xiria 26 (12-8) Bo partido do Goldie Xiria no Grove, que cedeu, pero que se mantivo con opcións pelexando pola vitoria. Comezaba o encontro cun…

Meloxeira Rasoeiro 30 – Goldie Xiria 26 (12-8)
Bo partido do Goldie Xiria no Grove, que cedeu, pero que se mantivo con opcións pelexando pola vitoria.
Comezaba o encontro cun Rasoeiro moi metido, facendo dano polo centro da defensa 6:0 carballesa e con boa circulación de balón, chegando a cobrar a máxima diferenza do encontro 9 a 3, favorecido polo criterio arbitrar que sinalaba a máxima pena practicamente en cada ataque contra o Xiria. Tornou a defensa o Goldie colocando unha xogadora avanzada, para cortar e dificultar o xogo rival, o que dou os primeiros froitos impedindo sentirse cómodo ao rival. No ataque non funcionaba o lanzamento exterior do Goldie, poñéndollo fácil a porteira rival, tampouco polos extremos conseguía finalizarse.
Tras o 12 a 8, do descanso, o Goldie Xiria saíu coas ideas máis claras en defensa, aproveitando os roubos de balón para saír ao contraataque con efectividade, e demostrando que podía facerse coa vitoria, empataba o partido a 22 goles, a falta de 15 minutos, a primeira liña carballesa estaba a soltar o brazo, conseguindo anotar en cada ataque. Nese momento o equipo sufría 3 exclusións practicamente seguidas que aproveitou o Rasoeiro para volver a escapar no marcador. A pesar das gañas e os intentos finais, a vitoria e os dous puntos quedáronse para as xogadoras de O Grove.
Meloxeira Rasoeiro 30 (12): Alba e Illa (porteiras) , Angela 4, Carla 1, Adriana 3, Andrea 4, Noelia, Patricia 9, Natalia 2, Ana 1 e Uxía 6
Goldie Xiria 26 (8): Lucía Vilariño (porteira) Juana Garrochena 5 ,Elena Segade, Adriana Gómez, Jessica Posse 4, Laura Carracedo 6, Sheila Ferreiro, Alba Rodríguez 1, Natalia Solís , Marta Regueira 3, Leticia Casal 4, Zeltia Landeira 2 e Raquel Gómez 1.
Arbitraron: César Carballo e César Díaz, excluiron a Leticia Casal , Jessica Posse, Marta Regueira e Zeltia Landeira polo Goldie Xiria e a ninguén do Rasoeiro.