A previa da xornada do 29-30 de xaneiro

1ª Nacional  

O Calvo Xiria volve xogar a domicilio. Farao o domingo ás 12:30 contra o Balonman Saeplast Cañiza. Adrián Losón e Cristian Canosa ex-Xiria; lucirán a camiseta do equipo local. Deberá o  Calvo Xiria adaptarse ás mútiples variantes defensivas e ter claro que debe de xogar en cada  momento. Xogar para lograr situacións cómodas de lanzamento, para non permitir correr aos de  Cañiza; e mellorar as prestacións defensivas de todo o equipo. Máxima concentración para un  partido esixente.  

1ª Autonómica Feminina  

Recibe o Calvo Xiria o domingo ás 12:30 no Pavillón Vila de Noia ao Asmubal Meaño, líder invicto da categoría e favorito a lograr un praza para o ascenso. Por tanto, deberá afrontar o partido, sen nada que perder; pero coa  esixencia de marcarse un gran reto, como o este partido. Ilusión por dar a sorpresa e co apoio da  afección que deberá ser o xogador numéro 8.  

Categorías Base; Liga Ouro  

O Hierros Varela Urbieta Xiria xoga no pavillón de Almeiras contra o Balonmán Culleredo Rafergal o sábado ás 18:30. As de Xiria queren romper coa mala serie de resultados dos últimos encontros.  O Laber Xiria A e o Em Abegondo mídense o sábado ás 19:30 no Vila de Noia. Os xuvenís  necesitan a vitoria para agarrarse ao play off.  

O Grupo Lemaco Xiria A, xoga ás 12:15 no Vila de Noia contra o Club Balonmán Atlántico, unha  vitoria para seguir mantendo o liderado.  

O Punta del Este Xiria A, xoga o sábado as 17:00 en Almeiras, bo choque con empate a puntos para  ambos, na actualidade. 

Categorías Base; Liga Prata  

O Laber Xiria B e Bm Reconquista de Vigo, xogarán o domingo ás 10:30 no Vila De Noia.  O Grupo Lemaco Xiria B, farao o sábado ás 16:30 fora de casa contra o Cbm Narón-Ferrolterra  Grupo Capela.  

O Punta del Este Xiria B, xogará no Lalín Arena, o sábado ás 10:30.  

Categorías Base; Alevíns e benxamíns 

En alevín 7, Reneymar Xiria e Garaysa Xiria xogarán o sábado no Ceip Fogar, ás 12:00 e 13:00,  respectivamente. 

No balonmán 5, concéntrase no pavillón Víctor Vigo de Camariñas; onde Insplaber Xiria,  Reneymar Xiria, xogarán en categoría alevín mentres Telepizza Xiria e Maquisaba Xiria farano en  categoría benxamín.