A Sar de Redondela imponse ao Grupo Lemaco Xiria na División de Honra Cadete

Sar de Redondela  33 – Grupo Lemaco Xiria 29 (16-14)

O Grupo Lemaco Xiria veuse de valdeiro da súa visita a Redondela logo da disputa dun encontro que se decidiu nos derradeiros minutos para os locais.

Saíu moi enchufado o Xiria no primeiro tramo do encontro con boas decisións en ataque, movemento do balón e ritmo defensivo, o que amosaba a superioridade no marcador cun 5 a 10 momentáneo, pero no momento que o rival axustou a defensa, comezaron as complicacións, con numerosas perdas de balón provocadas pola precipitación e ansiedade defensiva por recuperar o balón, o que abría a defensa para o rival. Chegábase ao descanso cunha curta diferenza no marcador para a Sar e con moito que xogarse na segunda metade.

Na continuación o Grupo Lemaco saíu con gañas pero con demasiadas urxencias, que volvían a provocar erros no ataque e deixaban os espazos na defensa a mercé do seu rival, no inicio da segunda metade Pedro Pereira recibía a súa terceira exclusión, feito que notaría o equipo ata o remate do encontro. Conseguía achegarse o Xiria e incluso empatar o encontro a 28 goles a falta de menos de 5 minutos, pero novamente os erros en ataque tiraban ao traste coas aspiración dos carballeses.

Sar Redondela  33 (16): Iñaki e Martín (porteiros) , Raúl 5, Gael 6, Javier 3, Angel 4, Diego 1, Alejandro 1, Mera 4, Juan Bas 9, Sergio e Lorenzo

Grupo Lemaco Xiria 29 (14): Diego Lema e Julio Ferreiro (porteiros) Iago Rincón 1, Iker Martínez 2, Alex Gómez 11, Pedro Pereira 2, Andrés Urbieta 3, Renzo Díaz 4, Xurxo Díaz, Mario Rincón 4, Adrián Mesejo, Franco Rial 1, Brais Vila 1, Paulo Collazo, Diego Rodríguez

Arbitraron: Rogelio Rojas e Cristian García, excluíron a Pedro Pereira (3) Renzo Díaz e Brais polo Xiria e a ningún por a Sar de Redondela