Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Sénior masculino

A velocidade no seu xogo da a vitoria ao Calvo Xiria

Xogou o Calvo Xiria ao ritmo que máis lle interesaba, e puido deste xeito levarse os puntos nunha pista na que adoita sufrir. Mais non foi así desta volta, e…

Xogou o Calvo Xiria ao ritmo que máis lle interesaba, e puido deste xeito levarse os puntos nunha pista na que adoita sufrir. Mais non foi así desta volta, e logo de quince minutos de igualdade o conxunto carballés axustou a defensa na liña e cunha serie de rápidos contraataques puxo terra de por medio ante un Bueu Atl. que pouco puido facer ante a intensidade que mantivo o Xiria ao longo dos sesenta minutos. Tan so un par de erros consecutivos, que remataron cunha exclusión, permitiu aos locais achegarse timidamente no fin do primeiro tempo. Os primeiros quince minutos do segundo tempo foron bastante parecidos aos do inicio, con algúns erros na faceta defensiva e imprecisións ofensivas, que non fixeran acto de presenza anteriormente, o que lle valeu ao Servi-Auto para manter a diferenza no electrónico. Mais os verdinegros, na tarde de hoxe, non tiñan intención algunha de deixarse sorprender, e poñendo un punto máis d velocidade no seu xogo, romperon o partido de xeito definitivo cun parcial de 2-12.

A vindeira xornada dispútase en Carballo un xa clásico Calvo Xiria- SAR de Redondela, que de seguro será moi interesante para os seareiros carballeses. Será no Vila de Noia o sábado ás 18:00.

Incidencias: partido disputado no Pavillón Municipal de Bueu ante preto de 250 seareiros. Colexiados: Pedro Eiras Abalde e Aarón Sestay Prieto do colexio galego. Castigaron con exclusión polo Servi-Auto Bueu At a David Iglesias (2´), José Mª Quintela (24´), Mauro Bacelar (41´), namentres polo Calvo Xiria foron sancionados Sergio Facal (7´), Miguel Suárez-Pumariega (29´), Jorge Bouzas (34´), Brais Puñal (42´), Carlos Vilanova (57´, 57´). 7 metros: Servi-Auto Bueu At. 3//7 Calvo Xiria 1//2. Marcador cada 5 minutos: 2-4, 5-7, 8-10, 9-14, 10-18, 12-20, descanso, 15-22, 17-24, 18-25, 18-29, 20-34, 20-37.

SERVI-AUTO BUEU AT. 20 (12+8): Eduardo Alonso [p], Carlos Martínez [p], Sergio Aguete, Mauro Bacelar (2), David Iglesias (2), Deigo Lluque (1), Brais López (5), José Otero, Andrés Bacelar, Gonzalo García, Sergio Piñeiro, Abel Diz, Santiago Otero (4), José Mª Quintela (6).

CALVO XIRIA 37 (20+17): Santiago Gómez [p], Martín Gómez [p], Brais Puñal (1), Pablo Iglesias (2), Miguel Suárez-Pumariega, Uxío Batán (5), Sergio Facal (2), Gonzalo Pombo (2), Alejandro Calvete (4), Javier Rodríguez (1), Julián López (3), Carlos Vilanova (1), Hugo Rodríguez (6), , Martín Alfeirán (5), Jorge Bouzas (1), Manuel Méndez (4).

Próximo partido

Sénior masculino20:3019:30 en CanariasCampeonato estatal de primeira división masculina · Liga regular · Grupo A · Xornada 10
"CIUDAD DE TACORONTE" WSCAN LECOMAR 13 MAYO
CALVO XIRIA

Máis sobre isto