Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Sénior feminino

O Goldie Xiria domina e vence no derbi

Chegaba o primeiro derbi do ano para as xogadoras do Goldie Xiria na matinal deste Sábado. A sempre difícil pista do BM. Camariñas, era o escenario deste esperado duelo e…

Chegaba o primeiro derbi do ano para as xogadoras do Goldie Xiria na matinal deste Sábado. A sempre difícil pista do BM. Camariñas, era o escenario deste esperado duelo e os equipos, sobreexcitados polo acontecemento, terminarían por ofrecer un encontro infestado de erros, aínda que cheo de emoción. Nos primeiros minutos, as locais dominaban ao seu rival. A presión exercida ante a transicción das carballesas e no ataque posicional destas, daba os primeiros froitos e as perdidas de balón acumulábanse para facilitar as primeiras vantaxes do BM. Camariñas (3-0). Bastou con que as carballesas axustasen a saída ao contragolpe para que en apenas dous minutos as táboas volvesen ao electrónico (3-3) e comezase un novo encontro dominado agora polo Goldie. O encontro seguía sen ser atractivo en canto ao xogo, pero a espectación mantíñase pola diferenza escasa no marcador. Ao descanso, as bergantiñás dominaban por un axustado 9-11 que mantiña a incerteza cara á continuación. A saída das mozas de Xiria na segunda parte foi crucial para o desenlace final. Nos primeiros minutos lograrían un parcial de 0-2 que as afastaba a unha cómoda vantaxe de catro goles que máis tarde serían cinco, unha diferenza que obrigaba ás camariñás para asumir certos riscos que favorecerían ao seu rival. O contraataque das mozas de ouro seguía facendo moito dano e o BM. Camariñas pronto tería que optar por presionar ás dúas laterais do Goldie, xa que o tempo corría e o partido escapábaselles. Non lles temblou o pulso ás verdinegras, que souberon moverse de forma efectiva con máis espazos e finiquitar o encontro por un tenteo final de 19-24. Para a semana que vén, o Goldie Xiria gozará da xornada de descanso e dentro de quince días, recibirá ao BM. Tui coa ilusión por derrotar a un rival que venceu ás carballesas nos dous partidos da primeira fase.

Encaixe Camariñas Conservas Boya: 19 (9+10). Ana Barreiro, Dolores, Ana Canosa (5), Cristina Blanco (1), Tatiana Iglésias, Isabel (3), Nerea López (2), María, Tamara Cabrejo, Calvo Canosa, Laura Castro (3), Águeda Antelo (4), Marta Canosa (1).

Goldie Xiria: 24 (11+13). Brenda Noya (p), Andrea Pose (p), Juana Garrochena (5), Sara Pombo, Alba Rodríguez, Tamara Pombo (2), Adriana Groba (8), Saray Couto, Uxía Pazos, Sheila Ferreiro, Raquel Gómez (2), Diana Rodríguez, Zeltia Landeira (3), Elena Segade (4).

**Colexiados:**Marcos Pérez. Sen complicacións

**Incidencias:**Xornada nº 2 da segunda fase na 1ª División Autonómica feminina celebrado no Pavillón Areal de Camariñas ante cincoenta siareiros.

Próximo partido

Máis sobre isto