O Calvo Xiria agardaba na tarde do sábado a chegada dun Pabellón que aínda ten por estrear o tanteo de puntos durante a presente liga pero que viña de facer un partido sólido ante o Balonmán Lalín en casa.
Malia o inicio desacertado de cara a meta contraria, o Xiria impúxose ó Pabellón coa boa actuación defensiva que ven amosando dende as primeiras xornadas, axudada pola intervención dunha Nadia que rematou o encontro cun 50% de paradas. Os folgos iniciais do pabellón permitíronlle manterse nos primeiros compases do partido, pero as rotacións do equipo local e o reparto de esforzos en ataque levaron ó Calvo Xiria a poñer terra de por medio sen que o conxunto ourensán puidese reaccionar, chegando ó (18-6) do intermedio.
Na segunda metade se mantivo a tónica xeral onde a cómoda vantaxe non se viu amenazada ata a sentencia final (32-13) dun encontro con reparto de goles entre as carballesas. Agora o Calvo Xiria comparte a segunda praza da liga regular co Lavadores e ten as miras postas no choque da próxima xornada, onde terá que viaxar ata Carballal, para enfrontarse a un equipo que xa ten demostrado que se pode impoñer a calquera rival.
Calvo Xiria 32 – Solgaleo BM. Pabellón 13
Calvo Xiria (18+14): Nadia Vázquez (p), Lahara Hernández, María Patiño (3), Aida Vizcaíno (3), Lucía de la Torre (5), Tamara Pombo (3), Minia Calvo (3), Mara Garabaya (3), Natalia Solís (5), Marta Gómez (3), Duna Barca (2), Leticia Santos, Elena Segade, Sheila Ferreiro (1), Valeria Figueroa (1), Andrea Díaz
Solgaleo BM. Pabellón (6+7): Michele Morales (1), Andrea Lama, Alba Rivera, María González (3), Verónica de Cristofaro (6), Sofía Carcacia, Adriana de la Torre, Nayra Bolaño, Daniela Rodríguez (1), Nazaret del Río, Natalia Rodríguez (2), Inmaculada Álvarez
Árbitros: André Pena e Martina Regueiro
Marcador cada 5 minutos: 1-1, 4-2, 6-3, 11-5, 14-6, 18-6, 19-7, 22-8, 25-10, 27-10, 29-11, 32-13