O Montaxes Carballo disputaba o pasado sábado un importante partido contra un rival directo, rival que está a pelexar polos postos altos da táboa e que viña conseguindo puntos importantes.
MONTAXES CARBALLO 26 – IBERCONSA BALONMANO RECONQUISTA 26
O partido comezaba cos carballeses moi enchufados e isto pronto se ía a ver na actitude defensiva, actitude que procuraba recuperar o balón máis que realizar faltas. Grazas a esta defensa os de vigo tiñan dificultades para anotar. En canto ao ataque un bo ritmo e bo criterio facía que os carballeses atoparan boas situacións de lanzamento. Con todo, a maioría das situacións de ventaxa que se estaban a conseguir non se podían materializar en gol debido ao número elevado de erros de cara á portería. Con todo os carballeses conseguían chegar ao descanso con unha ventaxa de 3 goles.
O comezo da segunda metade seguiu o mesmo camiño, os erros de lanzamentos estaban a penalizar moito o xogo dos carballeses. A partir de ahí a falta de continuidade no xogo e, erros de concentración facían que o partido se fose igualando ata o 26-26 final, sendo o final do partido moi aberto e con posibilidades de vitoria para ambos equipos.