Aberto o prazo de inscrición de Escolas Balonmán Xiria
Escolas Balonmán Xiria, que a pasada tempada estivo a piques de ascender a División Honra Prata cunha plantilla composta na súa práctica totalidade por xogadores carballeses, abre dende o 10…

Escolas Balonmán Xiria, que a pasada tempada estivo a piques de ascender a División Honra Prata cunha plantilla composta na súa práctica totalidade por xogadores carballeses, abre dende o 10 de Agosto o prazo de inscrición para xogadoras e xogadores nados entre os anos 2012 e 1999 (ambos inclusive).
Ca idea de seguir a apostar pola canteira, para acadar os maiores éxitos posibles no seu equipo sénior, e de potenciar o balonmán na comarca de Bergantiños esta tempada se presenta chea de retos deportivos. Non faltes!!!!
Contacta chamando ao número 609560955 (Marcos Rodríguez) ou podes enviar un mail a balonmanxiria@gmail.com e poñeremonos en contacto contigo.


