CALVO XIRIA 37 – BUEU AT. 22

LIGA DE 1ª DIVISIÓN ESTATAL – XORNADA 3
06/10/2012 CALVO XIRIA 37 – BUEU AT. 22
Calvo Xiria 37 (15+22): Kike [p], Alex (2), Jesús (3), Brais (3), Chimpo (3), Manuel (6), Ramón (2) -equipo inicial- Iago [p], Gonzalo, Jorge (1), Ángel (5), Dubra (6, 2 de 7 metros), Martín (3), Sergio (3).

Bueu At. (12+10): Simes [p], Miguel (3), Gómez (6, 3 de 7 metros), Juncal (3, 2 de 7 metros), Angueira (1), Saavedra (1), Otero (1)-equipo inicial- Del Río [p], Rodríguez, Soliño (3), Bacelar (2), Quintáns (2), Fernández.

Colexiados: Andrés Rosendo López e Sergio Rodríguez Estévez do colexio galego. Regular arbitraxe

Marcador: 3-3, 5-3, 6-5, 8-8, 12-9, 15-12 (descanso); 19-13, 22-15, 26-17, 29-19, 37-22 (final).

7 metros: Calvo Xiria: 2 / 5 ### Bueu At.: 5 / 5
Moi boa entrada con preto de 350 seareiros no Municipal Vila de Noia
Moitas novidades no Vila de Noia este sábado. Por unha parte o rival, o Bueu At., un equipo que logo duns anos en categoría autonómica volvía á 1ª Estatal, na que hai anos foi referente conseguindo clasificarse para as fases de ascenso da División de Honra. Por outra o primeiro partido de Miguel coma visitante, sendo ao final un dos destacados no seu equipo, logo da súa marcha por estudos á cidade do Lérez. E xa no cadro local o debut de Jorge, xogador en idade xuvenil, e a ausencia de Pablo por mor dunha lesión sufrida na pasada xornada e que o terá apartado das canchas durante unhas semanas, logo de levar moitos partidos sen faltar no equipo carballés.

Xa no encontro viuse un partido que durou o que o Calvo Xiria tardou en poñerse serio na cancha. Aos vinte minutos o electrónico sinalaba un empate a 8, para desesperación do equipo e dos seus seareiros que non recoñecían ao equipo vestido de verde. Erros en ataque, fallos de lanzamento, pouca intensidade defensiva…Seguiron outros 10 minutos sen pena nin gloria por parte carballesa pero nos que acadou tres goles de diferenza para irse ao vestiario.

Cando o equipo saíu da caseta foi cunha dinámica distinta, amosando unha versión moi mellorada. O resultado non se fixo agardar, e un parcial en 30 minutos de 22-10 deixaba os dous puntos en Carballo, froito do traballo colectivo e da aportación de todos os xogadores que foron da partida no día de hoxe.

Agora o conxunto carballés desprazarase a Vigo no que disputará un difícil encontro ante o Seis do Nadal.