ACADEMIA OCTAVIO ÓPTICA VARELA 35 – IFECGÁS PEREIRA XIRIA 30
COPA FEDERACIÓN XORNADA 3 29/09/2012 Academia Octavio Óptica Varela: 35 (19+16): Pedro, Álex (5), Antón (3), Andrés (5), Víctor (5), Del Rio (5), Rogelio (2) -equipo inicial- Jesús (1), Xurxo…
COPA FEDERACIÓN
XORNADA 3
29/09/2012
Academia Octavio Óptica Varela: 35 (19+16): Pedro, Álex (5), Antón (3), Andrés (5), Víctor (5), Del Rio (5), Rogelio (2) -equipo inicial- Jesús (1), Xurxo (2), Dani (1), Iglésias (5), Cabaleiro, Pablo, Rubén.
Ifecgás Pereira Xiria: 30 (18+12): Zúpez, Calvete, Julián (5), Javi (1), Alberto (5), Jorge (11), Rubén Gómez (4) -equipo inicial- Edu (1), Anes (1), Fidi, Óscar, Buño, Álex (2), José.
Colexiados: Pedro Eiras e Uxía Mendez.
Afrontaba o Ifecgás Pereira o partido contra o Octavio coa idea de non amosar todas as súas armas neste envite, xa que, en sete días, os dous equipos volveríanse a encontrar na pista carballesa do Vila de Noia nunha cita máis importante, o inicio da liga de División de Honra xuvenil.
Os de Carballo viaxaban a cidade olívica sen Martín, convocado polo equipo sénior da entidade para o partido de primeira nacional contra o Chapela.
O primeiro feito fixo posible, quizá, que os de Xiria saíran á pista central das Travesas excesivamente relaxados e mostraran xogo brando en defensa e pouco dinámico no ataque, algo ao que no nos teñen acostumados os rapaces deste equipo xuvenil.
O equipo local poñía todo o seu interés no encontro e superaba no xogo aos visitantes, aínda que non eran capaces de despegarse por máis de un gol cando chegaba o tempo de recuperar forzas, 19-18.
No principio da segunda parte, foi cando o equipo olívico conseguiu materializar a máxima intensidade e interés que puxera no campo tamén no electrónico, e abría unha brecha importante que oscilaba entre os catro e cinco goles de renda. A pouca resistencia que opuxeron os de Xiria provocou que o partido navegara sen interés ata o remate, que, con ese 35-30 daba o primeiro posto deste grupo “B” da Copa Federación ao Octavio. Aínda así, os bergantiñáns conseguían a clasificación para semifinais como mellor segundo.
Esta fin de semana comeza a Liga de División de Honra, da que os carballeses son os vixentes campións, e farao, de novo, cun enfrontamento ante o conxunto olívico, neste caso no Vila de Noia de Carballo o domingo ás 12.15 h. Primeiro partido de liga e a ben seguro que a intensidade e o compromiso dos nosos serán máximos neste novo encontro.