ALBERTO SALGADO FICHA POLO CALVO XIRIA

O extremo dereito Alberto Salgado Velo, de 24 anos, 1’93 cm de altura e 84 kg, convértese na primeira fichaxe do Calvo Xiria cara a campaña 09/10.
Retorna así ao Xiria un dos xogadores con máis calidade saído da canteira verdibranca. Alberto formouse nas categorías de base do club carballés. Militou no Calvo Xiria na 1ª División Estatal durante tres campañas e logo dou o salto a División de Honor B, categoría na que xogou nas tres últimas tempadas, dúas no OAR Coruña e o curso pasado no Artepref Villa de Aranda.
Con esta fichaxe, que ven a mellorar unha das carencias que tiña o equipo ao contar con só un xogador zurdo, a directiva e corpo técnico dan por pechadas as incorporacións cara a campaña que comeza, contando con un equipo, con permiso do camariñán Borja, formado integramente por xente da casa.