MECALIA ATL. NOVÁS 27 – CALVO XIRIA 30

COPA XUNTA – 1ª ELIMINATORIA
23/08/2009 MECALIA ATL. NOVÁS 27 – CALVO XIRIA 30
Mecalia Atl. Novás 27 (13+14): Esteban, Rafa Gestido (4), David López (3), Jorge (4), Ramón (7),Victor (2), Óscar (2) -equipo inicial – Paulo, Dani (1), Lechuga (1), Germán (1), Manuel (1), Roberto, (1), Diego.

Calvo Xiria 30 (12+18): Quique, Cuco (1), Ángel, Alberto (12), Pablo (7), Iván (2) e Dubra (3) -equipo inicial- Iago, Álex, Chimpo (2), Borja (1), Jesús, Manu, Ramón (1) e Christophe (1).

Colexiados: Srs. Granados e García.

Parciais: 0-2, 3-4, 4-5, 8-7, 12-9, 13-12, 16-14, 17-17, 19-20, 22-24, 24-25, 27-30.

Partido corresponde á 1ª eliminatoria da Copa Xunta 2009 e que de disputou no Pavillón Municipal do Rosal ante un bo número de seareiros, entre os que hai que destacar un nutrido grupo de carballeses. O resultado no descanso foi de 13 – 12 a prol dos locais mais ao remate o marcador deu a volta ata o 27 – 30 definitivo que fai pasar ao Calvo á seguinte fase e deixa fora aos do Rosal, actual subcampión de liga un dos equipos chamados a pelexar polo título de liga na 1ª Estatal.

Dende o inicio notouse que se trataba dun partido de pretempada, erros non habituais repartíanse entre os dous equipos, sen embrago notábase que era un encontro de competición oficial xa que ningún xogador daba por perdido un balón.

Comezou o Calvo mandando ata que unha situación de superioridade numérica foi aproveitado polos locais para darlle a volta ao resultado e conseguir unha diferenza que soubo administrar ata despois do descanso.

Pero nos derradeiros vinte minutos de partido viuse a un conxunto carballés máis centrado e máis fresco que o seu rival o que lle valeu para acadar unha diferenza de tres goles que manexou ata o final do encontro.

Ágora tócalle ao Calvo Xiria enfrontarse ao Bm Chapela, 1º clasificado da liga na pasada tempada e que reforzou a plantilla para a presente, nun partido que servirá para ir afinando o xogo carballés de cara á competida liga que se aveciña.