ALMUDENA SEGUROS LAVADORES 28 – GARAYSA XIRIA 30

Almudena Seguros Lavadores 28 (13+15): Manuel (porteiro), Fernando (1), Oscar (12), Jesús (4) , Alessandro (2), Pablo (4), Iván (1) –equipo inicial- Daniel, Iglesias (1), Fernando (2), Jose María (1)

Garaysa Xiria 30 (15 + 15): Miguel (porteiro), Julian (8), Álex (6), Javi, Jorge (2), Rubén Gómez (10), Edu –equipo inicial- Martín (porteiro), Rubén Anes (2), Luís, Calvete, Iván. Martín Alfeirán non puido xogar debido á rotura dos osos propios do nariz que sufriu na anterior xornada o que o terá 1 mes de baixa.

Colexiados: Tatiana González e Daniel Portela, pasaron desapercibidos ao longo de todo o encontro.
Bo partido o disputado no Pavillón vigués de Lavadores entre dous equipos que aspiran a estar nos postos altos da clasificación.
O partido era moi complicado para o Garaysa pois o Lavadores conta con moi bos xogadores, destancando sobre todo o seu lateral esquerdo Óscar, un xogador moi determinante que mide 1,86 m habitual da selección galega e futura promesa do balonmán galego.
O encontro comezou cun Garaysa Xiria moi metido e defendendo moi forte para aproveitar os rápidos contraataques. Iso provocou no marcador que o Garaysa manexase rendas ao seu favor de 2–3 goles. O Balonmán Lavadores só conseguía anotar grazas a gran calidade do anteriormente mencionado Óscar. Pero o Xiria que continuaba co seu estilio de defender e sair rápido en contragolpes, pero un pequeno baixón dos carballeses nos últimos 5 minutos do primeiro acto supuxo que os vigueses de achégasen no marcador chegándose ao descanso cun 13-15 a prol dos de Carballo.
O inicio da segunda metade supuxo a peor fase do encontro para o Xiria xa que o equipo pecou nun exceso de relaxación en defensa o que provocou que durante moitos minutos os ataques de ambos conxuntos rematasen sempre en gol, eso si mantendo o Garaysa sempre a dianteira con 1 ou 2 goles de renda. A falta de 12 minutos o adestrador visitante, Fran del Valle, tivo que pedir un tempo morto para tentar mellorar as prestacións defensivas do equipo, esto espoleou oas rapaces que comezaron a defender como no principio do partido acadando un parcial de 6-1 que facía que os de Carballo acadasen unha renda de seis goles e finiquitaba o encontro. Varios erros nos derradeiros minutos deixaba o resultado final nun 28-30.
Hai que destacar a intensidade do equipo en defensa e a aportación, tanto en defensa como en ataque, do xogador carballés Julian, que sendo aínda infantil de primeiro ano está a ser un xogador importante no grupo.
Con esta vitoria o equipo afinázase na terceira praza e sigue agardando algún pinchazo dos dous primeiros clasificados, Lalín e Teucro, que contan con catro e dous puntos de vantaxe sobre os carballeses.
A vindeira xornada o Garaysa Xiria desprázase á localidade orensá de Ribadavia para enfrontarse ao Viña Costeira, equipo da zona baixa da táboa.