UNIVERSIDAD LEON ADEMAR 32 – CALVO XIRIA 32
XORNADA 14 21/01/2009 UNIVERSIDAD LEON ADEMAR 32 – CALVO XIRIA 32 Universidad de León Ademar 32 (14 + 18): Luis, Cabanas (4), Sergio (5), Jaime (5), José (3), Jadim (1),…
XORNADA 14
21/01/2009 UNIVERSIDAD LEON ADEMAR 32 – CALVO XIRIA 32
Universidad de León Ademar 32 (14 + 18): Luis, Cabanas (4), Sergio (5), Jaime (5), José (3), Jadim (1), Ángel (5)– equipo inicial – Jacob, Ricardo, Mario (1), Juan (6), Borja, Ander (2), Victor.
Calvo Xiria 32 (14+18): Quique, Cuco (4), Angel (2), Jesús (1), Pablo (2), David (14) e Dubra -equipo inicial- Iago, Alex (2), Chimpo (3), Borja (2), Bruno (2) e Manuel.
Colexiados: Srs. Fernández e Aceituno, decretaron dúas exclusións ao Ademar e oito ao Calvo Xiria.
Parciais: 4-3, 6-5, 9-8, 10-9, 13-11, 14-14, 17-16, 20-20, 22-24, 25-27, 27-30, 32-32.
Disputou o Calvo Xiria este mércores o encontro aprazado da 1ª Xornada da segunda volta da liga de Primeira Estatal que tiña que disputar ante o Ademar de León. O resultado final de 32 – 32, no descanso 14 – 14, fala ben ás claras do igualado que estivo o encontro ao longo dos sesenta minutos.
Comezou o León impoñéndose no inicio do encontro con accións de transición rápidas que non tiñan resposta por parte do Xiria que non estivo cómodo ata o minuto cinco. Por este feito o conxunto local manexou vantaxes de tres goles ata que dous contraataques seguidos dos carballeses facían que as distancias se recortasen e a igualdade voltase ao marcador. O xogo rápido dos leoneses era respostado por unha defensa visitante que se crecía pouco a pouco gracias en parte ao bo facer de Quique na portería. O ataque era sinxelo para os carballeses que sempre atopaban situacións de lanzamento cómodos a través de David ou na liña cos seus pivotes.
O segundo tempo dictou un cambio no mando do marcador e o Calvo impoñía pouco a pouco o seu xogo, decidiuse a incrementar a velocidade das súas accións, e só as situacións de superioridade numérica por parte do conxunto local os mantiñan no encontro. A defensa individual sobre David non sorprendía desta volta ao Calvo Xiria e os goles repartíanse entre todos os postos ofensivos carballeses.
Os derradeiros cinco minutos foron o resumo do que foi todo o encontro: dous equipos que esgrimían as súas mellores armas no ataque con dous porteiros que destacaban amañando os fallos das defensas. Faltando un minuto o Calvo gañaba por dous goles, pero unha situación de dobre inferioridade foi aproveitada polo Ademar para empatar o encontro. E aínda tivo unha ocasión de gañar cun lanzamento dende os seis metros que detiña Quique.
A mellor noticia e que pouco a pouco volve á súa mellor imaxe o Calvo Xiria baseándose nun xogo fluído e no que todos os seus xogadores aportan cousas moi positivas, o que ten que ser un argumento de peso nos vindeiros partidos.