Amigable do Goldie Xiria en proceso de adaptación

Estreábase o Goldie Xiria con moitas caras novas nun amigable ante o Bm Ferrolterra antes do inicio de Liga que será o sábado 23 de setembro ás 17:30 no pavillón Os Remedios en Ourense ante o conxunto de Nova Xestión Pabellón.
As ferrolás máis experimentadas e con máis rotacións conseguiron levar o partido por 20 a 25.
Pero o partido tivo moitas lecturas positivas; a primeira foi que debutaron as porteiras Nadia Vázquez e Sara Pose; e as xogadoras Soraya Martínez, Sandra Santos, Eva Calvelo e Lucía Casal. As dúas últimas aínda en idade cadete non poderán debutar en partido oficial ata a tempada que vén.
As intencións do Goldie Xiria van ir en función de como avance a tempada; xa que tamén teñen cambio de adestrador. Adrián Dubra colle as rendas dun equipo que seguro crecerá en confianza e bo xogo a medida que pasen as semanas. O ritmo e o nivel de adestramentos é bo; as xogadoras están unidas e iso fai que traballar sexa máis fácil. Pero non se poden relaxar se queren empezar con bo pé.
Neste partido, xa se puido ver un pouco do que será o Goldie Xiria esta tempada.  Baseando gran parte do seu xogo nunha férrea defensa; e impoñer un ritmo alto de xogo; que seguro lles levará a conquistar á afección de Escolas balonman Xiria e do balonmán feminino, que está a crecer aos poucos en Carballo e que estas xogadoras tratan de apoiar coas súas ganas e co seu carácter na pista.
O persoal do Goldie Xiria fórmana:
Nadia Vázquez e Sara Pose (porteiras); Jessica Posse e Alba Rodríguez son as capitás e Juana Garrochena, Natalia Solís, Raquel Gómez, Saray Couto, Sheila Ferreiro, Támara Pombo, Soraya Martínez, Zeltia Landeira, Elena Segade, Sandra Santos, Eva Calvelo e Lucía Casal, conforman o resto do plantel.