Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Infantil masculino

Boa estrea do Garaysa Xiria en Ourense

Na primeira xornada da división de honra infantil masculina, o Garaysa Xiria visitaba a pista do Nova Xestión Pavillón, en Ourense. Afrontaba o choque con ganas e poucos efectivos; pero…

Na primeira xornada da división de honra infantil masculina, o Garaysa Xiria visitaba a pista do Nova Xestión Pavillón, en Ourense.
Afrontaba o choque con ganas e poucos efectivos; pero desde o inicio os visitantes impodrían o seu xogo; aumentando aos poucos as diferenzas que chegarían ao descanso con 10 goles de vantaxe; dominando o partido desde a defensa e o contraataque.
O Nova Xestión plantaríase cunha defensa 6:0 moi plana que plantou algunha dúbida ao ataque carballés; que en varias ocasións atopábase con blocaxes por mala selección de lanzamento; nada que non se poida adestrar e que a recado mellorarán en ataque posicional ao longo da liga.
Pero neste momento; tratan de axustar o sistema defensivo e a colaboración entre xogadores que empezan a coñecer a categoría.
Un bo resultado, para afrontar o seguinte partido contra o Seis do Nadal; o sábado 23 ás 10:30 podemos gozar do partido entre estes dous equipos no pavillón Ceip Fogar.

Incidencias: Partido disputado no pavillón Os Remedios de Ourense ante un centear de seareiros de ambos conxuntos. Colexiado: Cristina Olteros do colexio galego.
NOVA XESTIÓN PABELLÓN 19 ( 9 + 10 ): Ismael Moura, Diego Jorge, Raúl, Tristán Atrio, David Fraguas, Martín Carballo, José M. Fernández, Sergio Aldemir, Alejandro Rey, Mario Mihai, Álvaro Díaz.

GARAYSA XIRIA 39 ( 19 + 20 ): Darío Calviño [p], Mateo Pallas [p], Andrés García, Ángel Viña, Esteban Puñal, Alberto Suárez, Julián García, Martín Fuentes, Mateo Pallas, Alberto Rodríguez.

Próximo partido

Máis sobre isto