O equipo de Marmolería J.Rey, impúxose con solvencia esta mañá no pavillón do CEIP Fogar na competición territorial de BM7 a un BM.Narón que se mostrou competitivo en todo momento, pero que non puido co bo facer dos xogadores de Carballo.
Os verdinegros, dominaron os catro cuartos con autoridade, aínda que no segundo (4-2) tiveron problemas para superar maior envergadura dos visitantes nunha defensa pechada.
A intensidade defensiva dos carballeses, foi suficiente para rematar o resultado ao contraataque, amosando unha calidade extraordinaria nos pases longos e na toma de decisión en canto ao momento e á persoa receptora.
De calquera xeito, en determinadas fases do partido os bergantiñáns sufrían na súa retagarda a maior antropometría do rival, feito que non foi suficiente para que o resultado final perigase dada a enorme superioridade dos de Carballo.
Marmolería J.Rey: 8 – BM.Narón: 2 (1er cuarto)
Marmolería J.Rey: 4 – BM.Narón: 2 (2º cuarto)
Marmolería J.Rey: 9 – BM.Narón: 4 (3er cuarto)
Marmolería J.Rey: 9 – BM.Narón: 3 (4º cuarto)
Marmolería J. Rey: Javier Rodríguez (1), Pedro Pena (5), Mario Cancela (8), Fernando Mallo (5), Juanma Fajardo (5), Jairo Rodríguez, Andrés García (2), Antonio Calvelo (2), María García (1), Ana Hernández.
BM.Narón: Noa, María, Paula, Antía (1), Zeltia, Hugo (6), Carmela, Raul (4), Alba, Oscar, Nayla.
Árbitro: Alberto Gómez Ferreiro