Derrota ante o líder

O primeiro no día de hoxe é dar os parabéns ao Cisne pola gran tempada que está a facer e que o deixa logo desta vitoria, e a falta de catro xornadas a dous puntos de rematar campión de grupo. En canto ao partido suliñar o espectáculo, vivido dende a tensión e o desexo de gañar mais cunha exquisita deportividade, ofrecido por uns e outros cun gran balonmán e emoción até o asubío final. Dous tempos que se convertiron en partes moi diferentes, a primeira do Calvo Xiria e segunda do Cisne. Falar de motivos arbitrais semella sempre unha excusa, por eso hoxe so imos deixar unhos datos para a reflexión que cada un quera facer. Datos: sete metros a favor do Cisne no 1º tempo: 1, no segundo tempo: 3; sete metros a prol do Calvo Xiria no 1º tempo: 7, no 2º tempo: 1; exclusións dos locais:3 (1+2), dos visitantes: 7 (3+4). So nos queda referir que os equipos e as formas de xogo non mudaron dun tempo ao outro, soamente a intensidade defensiva nos contactos por parte dos locais.
En canto ao Calvo Xiria debemos de destacar que é unha mágoa que a tempada chegue ao seu fin, pois está nestes intres a amosar o seu potencial, case todo. Non deberían de baixar os brazos agora os carballeses, para que deste xeito o final de liga sexa a referencia para a tempada 2015/16, e afrontala deste xeito dende a máxima das esixencias, tanto no plano individual coma colectivo.
Incidencias: Partido disputado no Pavillón Vila de Noia ante 350 seareiros.. Marcador cada cinco minutos: 2-3, 4-4, 5-5, 7-7, 9-11, 10-14 descanso, 12-15, 14-16, 17-20, 21-21, 21-22, 23-24.
Colexiados: Pablo Castellanos García e Luis Vázquez De Prada Bravo do colexio de Castela – León.
Exclusións: Cisne Bm.: Miguel Simon(5´e 35´), Eduardo Covelo (43´). Calvo Xiria: Jorge Bouzas (15´), Manuel Méndez (25´), Alberto Lema (32´), Brais Puñal (41´), Javier (43´), Sergio Facal (43´) e ao delegado José A. Fraga (10´). Sete metros: Cisne Bm. 2 / 4. Calvo Xiria 8 / 8.

CISNE BM 25 (11+ 14): José Antonio Lafuente [p], Pablo Galán [p], Santiago Cuenca [p], Iván Abilleira (2), Eduardo Covelo (1), Alexandre Chan (5), Pablo Picallo (1), Andrés Sánchez (7), Javier Vázquez (4), Pablo Vidal, Rafael Dasilva (1), Miguel Simón, Pepe Camiña (1), Bruno Montesinos (3).
CALVO XIRIA 23 (15+8): Martín Gómez [p], José Luis Fraga [p], Alejandro Naya [p], Sergio Facal (1), Brais Puñal (2), Martín Alfeirán (2), Javier Rodríguez (1), Manuel Méndez (2), Jorge Bouzas, Alejandro Calvete, Pablo Iglesias (12), Gonzalo Pombo (1), Iván Campos, Julián López, Carlos A. Lema (2), Mario García de Seárez.