Ampla vitoria do LK Xiria en Coruña

O LK Xiria de balonmán 7, desprazábase no día de hoxe á Coruña para enfrontarse ao Liceo. O encontro, fixado para as 11:30h deste Sábado, disputaríase no pavillón do colexio da cidade herculina ante a atenta mirada dalgúns pais desprazados dende Carballo.
Os xogadores verdinegros entraron moi serios no partido e en ningún momento deron opción ao seu rival. O nivel competitivo dos bergantiñáns foi altísimo e, apoiados nunha defensa sobresainte, empezaron a anotar as primeiras diferenzas no electrónico. As rápidas transicións defensa-ataque, as correctas tomas de decisións e a continuidade no posicional, facían posible que o primeiro cuarto terminase cun incontestable 1-6, a pesar do bo facer do porteiro local.
No segundo cuarto, os coruñeses saían con novos folgos e adiantábanse no marcador por dúas veces (1-0 e 1-2), pero a paciencia dos de Xiria pronto deu os seus froitos, tomando de novo a dianteira en apenas cinco minutos. Ao final, un 3-7 que puña o partido moi de face para estes.
Os dous tempos restantes, foron de absoluto dominio dos de Carballo. A retagarda, funcionando a un nivel fantástico durante todo o encontro e os porteiros destes dous últimos tempos, Aaron e Alberto, non concedían nin un só gol e o seu equipo conseguía dous resultados contundentes que rubricaban un sensacional partido por parte de todos (0-7 e 0-5). Sensacional partido o destes alevíns hoxe no colexio Liceo e ambiente deportivo inmellorable por parte de todos os contendentes, así como de técnicos, seareiros e árbitro.
1er CUARTO: Liceo:1-LK. Xiria:6
2º CUARTO: Liceo:3-LK.Xiria:7
3er CUARTO: Liceo:0-LK. Xiria:7
4º CUARTO: Liceo:0-LK.Xiria:5
Goleadores LK.Xiria: Julian (8), Carlos (4), Pablo (1), Martín (1), Aaron (4), Dani (5), Diego (2).
Árbitro: Orlando B. Estivo correcto e non influiu no resultado final.
Incidencias: Encontro Alevín BM7 disputado no pavillón do colexio Liceo ante a presenza de pais e nais desprazados dende Carballo.