Andrés Urbieta do Garaysa Xiria infantil operouse con éxito da grave lesión na tibia
O Domingo pasado no encontro contra o Seis do Nadal o central do Garaysa, Andrés Urbieta, sufriu unha forte lesión na perna dereita tras caerlle un rival enriba nunha acción…

O Domingo pasado no encontro contra o Seis do Nadal o central do Garaysa, Andrés Urbieta, sufriu unha forte lesión na perna dereita tras caerlle un rival enriba nunha acción fortuíta. Tras unha primeira exploración todos temíamos o peor.
Rapidamente foi trasladado en ambulancia ao Hospital San Rafael, na Coruña, onde pronto nos confirmaron que rompera a tibia da perna dereita e polo tanto antollábase necesaria a intervención cirúrxica. Tras agardar varios días ingresado para que a inflamación remitira foi sometido a cirurxía o Mércores 26 a primeira hora da mañá. Unha vez na habitación o médico confirmaba que ademais da rotura completa da tibia tiña fisurado o peroné, pero que todo saíra ben.
Aínda permanece ingresado no hospital pero é moi probable que o Luns xa lle dean a alta e poida seguir a súa recuperación na casa.
Toda a familia do Bm. Xiria deséxalle unha pronta recuperación.
Vídeo de apoio dos seus compañeiros infantís: