O Grupo Lemaco, volve á senda da vitoria

Despois de dúas derrotas consecutivas contra dous dos equipos que ocupan os postos máis altos da clasificación, o Grupo Lemaco Xiria voltou á senda da vitoria e fíxoo no mellor momento e contra o rival máis idoneo, xa que o conxunto da SAR de Redondela, situábase un punto por encima dos carballeses e empatados a punto con estes antes do comezo da décima xornada.

O envite foi vibrante, cun alto ritmo e igualado de principio a fin, con alternativas no marcador e cun Xiria que marcaría as diferenzas máis amplas no electrónico. Os primeiros vinte minutos da primeira parte, foron fiel reflexo do anteriormente constatado e ata o últimos dez, os verdibrancos non romperían a igualdade no marcador para marcharse ao descanso cunha inportante diferenza de tres goles (17-14). Os xogadores de Carballo, estaban a atopar moitas dificultades no ataque posicional, pero por contra, a velocidade no contragolpe e o saque rápido de centro, proporcionáballes unha boa renda para os seus intereses.

A reanudación transcorreu de forma similar, os locais que abrían brecha grazas ao seu contraataque e os visitantes que se volvían a achegar no electrónico cando enlazaban dous ou tres defensas de forma consecutiva. O partido rompeuno o Grupo Lemaco cun parcial de 4-0 entre o minuto 10 e 15 e cando o resultado do mesmo era de 23-24 a favor dos Redondelanos. Esta diferencia alcanzada polos de casa, sería, ao cabo, de todo insalvable para o seu rival e os cadetes de Xiria, acabarían imponiendose por un 39-36, que lles deixa en solitario na quinta posición da táboa clasificatoria.

O próximo fin de semana, a liga terá unha pausa, debido á ponte de Decembro e dentro de dous, o Grupo Lemaco desprazarase ao Porriño para enfrontarse ao conxunto da localidade, un duro rival que sen dúbida, porá en moitos apretos aos bergantiñáns .

Grupo Lemaco Xiria: 39 (17+22). Manuel Souto, Carlos Vilanova (13), Fran Rey (1), Andrés Vila (6), Roi Alfeirán (1), Juan Carlos Rodríguez (8), Daniel Esmorís (1)-equipo inicial-Mario Lema, Samuel Castiñeiras, José Varela, Pablo Cambón, Antón Traba (2), Ronaldo Durán (2), Andy Rey (5), Manuel Sánchez.

SAR: 36 (14+22).Rodrigo García, Yahia (2), Pablo (5), Otero (2), Yeray (9), Iago (9), David (9)-equipo inicial-Samuel, Lucas, David.

Marcador cada 5´: 4-3/ 6-6/8-10/12-11/15-12/17-14-Descanso-20-21/23-24/27-24/32-29/35-32/39-36.

Árbitros: Manuel Currás e Sergio Vázquez. Non influiron no resultado final. Excluiron con dous minutos a Carlos Vilanova (2), Antón Traba, Andrés Vila, Roi Alfeirán polos locais e a Otero (2) polos visitantes.

Incidencias: Partido correspondente a 10ª xornada de División De Honra cadete e disputado no Vila de Noia de Carballo ante a presenza de coarenta espectadores.

Clasificación 10ª xornada:

Cadetes clasificación 10ª xornada

Algunhas fotos do partido:

xiria - sar 9  xiria - sar 7

G.LEMACO-SAR 6  G.LEMACO-SAR 5

G.Lemaco-SAR 4  G.Lemaco- SAR 3

xiria - sar 004  xiria - sar 8