O pasado 22 de febreiro de 2025, o Pavillon Vila De Noia foi testemuña dun emocionante encontro entre Calvo Xiria e Automania Luceros, dous equipos que loitaban por mellorar a súa posición na clasificación do Campionato Estatal de Primeira División Masculina e que se decidiu a favor do equipo visitante no último segundo.
O asubío inicial marcou o comezo dunha primeira parte vibrante. O intercambio de goles foi a tónica dos primeiros minutos. Juan Rodríguez desde o pivote facía dano nunha defensa local demasiado pasiva.
O Automania Luceros abría brecha no marcador xa que o Calvo Xiria empezaba a precipitarse no ataque posicional, facendo especial protagonista ao porteiro Javier Fernández. Trataba de dar un xiro radical ao partido desde a defensa o Calvo Xiria pero o problema non radicaba no sistema, senón na intensidade e a falta de contacto.
Adrián Dubra tiña que solicitar o segunda tempo morto do partido no min 25 (12 – 19). O equipo cambiou as gañas de afrontar o choque e ao descanso recortaba diferenzas (17 – 22).
A segunda metade comezou con Calvo Xiria mostrando unha renovada enerxía e determinación. Chegado ao minuto 40 comezaba un novo partido xa que o marcador reducíase ata o 26 – 27. Aaron Rodríguez facía dano desde os 6 metros e o equipo estaba ben axustado na defensa.
A medida que avanzaba esta metade; intensa, o partido estaba máis aberto, tras un intercambio constante onde ambos equipos demostraron a súa capacidade ofensiva xunto a momentos decisivos onde cada gol contaba. Chegouse con empate a 36 goles ao último minuto. Juan Rodríguez desde os 6 metros sentenciaba o encontro a falta de 2 segundos e o Luceros levábase os dous puntos a Cangas.
O máis destacable do partido foi que na convocatoria do Calvo Xiria figuraban tanto Samuel Soneira como Antón Pardiñas, os dous porteiros en idade xuvenil que tiveron a responsabilidade de defender a portería do Vila de Noia ante as ausencias de Antonio Mato e Darío Calviño.
A semana que vén o Calvo Xiria visitará o San Francisco Javier para medirse ao Oar Coruña.
Calvo Xiria 36 – Automania Luceros 37
Calvo Xiria (17+19): Samuel Soneira (1p), Antón Pardiñas (p), Aarón Rodríguez (6), Gabriel Castiñeiras, David García (11), Chema Negreira, Pablo Veiga, Julián García (2), Chimpo Rodríguez, Samuel Veiga, Daniel Periscal (3), Jorge Bouzas (1), Mario García De Seárez (1), Diego Gago (2), Mario Cancela (8), Senén Garea (1).
Automania Luceros (22+15): William Thompson, Iago Fonseca, Javier Fernández (p), Carlos Menduíña, Antonio Rodal (p), Manuel Pérez (7), Alexandre Gallego (1), Pablo Fernández, Víctor Manuel Costas, Martín Fuentes (6), Iago Iglesias (6), Manuel Rodríguez, Sergio Piñeiro, Miguel Pousa (2), Gael Blanco (9), Juan Rodríguez (6).
Árbitros: Francisco Fernández e Daniel Álvarez.
Marcador cada 5 minutos: 3-3, 7-8, 8-12, 9-17, 12-19, 17-22, (descanso), 21-26, 26-27, 29-30, 33-34, 34-36, 36-37 (final).
Incidencias: Partido correspondente a 21ª xornada do Grupo A da Primeira Nacional, disputado no pavillón Vila de Noia (Carballo).


