Ao Calvo Xiria faltoulle eficacia para facerse coa vitoria

Un partido fiel ao que é un derbi; emoción, intensidade, e dous equipos loitando por cada balón en xogo, onde o Calvo Xiria, ben puido rescatar algún resultado positivo, se nas desigualdades numéricas estivese máis acertado.

Un Calvo Xiria que desde o minuto 5, estivo por baixo no marcador; pero non perdía a cara ao partido a pesar de que a diferenza foi incrementado ata chegar ao descanso 10 a 14.

Na segunda metade, a diferenza creceu mesmo ata os 5 goles; pero o Calvo Xiria a base dunha defensa valente e activa, reducía ata o punto que no minuto 41 o marcador reflectía 16 a 17.

Tempo morto para o Oar que aproveitaba para poñer de novo a diferenza en 3 goles; o Calvo Xiria seguía no seu empeño por volver de novo ao rodo; pero non estivo o suficientemente acertado na liña de 6 metros para apertar ao rival. O marcador final 22 a 25.

A semana que vén o Calvo Xiria viaxará ás Palmas. Primeira viaxe ás illas Canarias para o equipo; que buscará un resultado positivo lonxe do seu fuedo.

Calvo Xiria 22 – Attica 21 Hotels Oar Coruña 25


Calvo Xiria (10+12): Antonio Mato (p), Darío Calviño (p), Aarón Rodríguez (2), Gabriel Castiñeiras (2), David García, Julián García (2), Chimpo Rodríguez (2), Daniel Periscal (2), Diego Antelo, Orlando Salupassa, Jorge Bouzas (3), Mario Garcia de Searez (1), Carlos Varela (1), Diego Gago (1), Mario Cancela (6), Senén Garea.

Attica 21 Hotels Oar Coruña (14+11): Iago Gómez (p), Israel Marín (p), David Arnedo (p), Pablo Gonçalo (4), Pablo Jesús Moral, Alejandro Conde, Pablo Martínez (2), Marley Wallace, Beltrán Bedia (5), Juan Pereira, Kevin Dacosta (1), Juan Carlos Rodríguez (2), Diego Martínez (2), Jose Mora (2), Diogo Andre (3), Luis María (4).


Árbitros: Francisco Fernández e Daniel Álvarez.


Marcador cada 5 minutos: 2-1, 3-4, 5-8, 6-9, 8-12, 10-14, (descanso), 12-15, 15-17, 17-20, 18-21, 21-24, 22-25 (final).

Incidencias: Partido correspondente a 7ª xornada do Grupo A da Primeira Nacional, disputado no pavillón Vila de Noia (Carballo).