Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socioBuscar

Infantil feminino

Vitoria do Maquisaba Xiria ante o Bm Linea 21

Maquisaba Xiria 26-20 Bm Linea 21 Mi Barrio Partido correspondente á terceira xornada da Liga Prata, desputado en Carballo. Con esta vitoria o Maquisaba Xiria consegue poñerse no segundo posto…

Maquisaba Xiria 26-20 Bm Linea 21 Mi Barrio

Partido correspondente á terceira xornada da Liga Prata, desputado en Carballo. Con esta vitoria o Maquisaba Xiria consegue poñerse no segundo posto da táboa.

Comezaban o encontro con moitas perdas en ataque ambos equipos e cunha defensa do Maquisaba sen prácticamente tensión, o que lles permitía ás do Linea 21 encaixar goles fáciles. Facendo que se chegase ao descanso con moi pouca renda no marcador, un 14-12 para as locais que as deixaba con ganas de máis.

Foi na segunda parte cando o Maquisaba comezou a defender con máis intensidade e a xogar boas accións de contraataque que facilitaron a distancia no marcador.

A vindeira xornada viaxarán ata Oleiros para enfrontarse ao actual primeiro de liga, o Club Bm Atlántico.

Máis sobre isto