Ao Grupo Lemaco Xiria B escápaselle a vitoria no último instante

Un Grupo Lemaco Xiria B, refíxose das baixas e competiu contra un dos favoritos para ser primeiro. Tanto é así que foi gañando ata os últimos 5 minutos onde a efectividade dos visitantes serviulle para facerse coa vitoria.

O máis importante deste encontro era que o equipo recuperase a súa esencia e a súa maneira de xogar, despois dunha última semana onde non se sentiron cómodos. Unha arrancada inicial, daba as primeiras vantaxes ao Grupo Lemaco. A defensa infranqueable permitía ao equipo atacar con máis tranquilidade, resolvendo ben as situacións de 1×1 e 2×2. Cañiza sobrepoñíase a un inicio un tanto irregular e atopaba a maneira de competir. Ao descanso 18 a 14.

Na segunda metade, foi máis igualada, Cañiza probaba diferentes sistemas defensivos, para ver se daba coa tecla e remontaba, pero mentres o Grupo Lemaco Xiria mantivo o seu nivel defensivo, o marcador non se axustou. Para os instantes finais, os axustes do 2×2 na parcela defensiva e a falta de contundencia sobre os lanzadores permitiu aos de Cañiza poñerse por diante. Un último intento para lograr sacar algún punto por parte dos de Xiria non foi suficiente nun bo partido, vistoso e emocionante ata o final.

Grupo Lemaco Xiria B 32Xestaservi Bm. Cañiza 33

Grupo Lemaco Xiria B (18+14): Yago Sande (p), Diego Barbeira (1), Brais Suárez (2), Máxi Días, Nicolás Cancela (8), Henrique Traba (3), Álvaro García, Diego Mourelle (3), Aday Gómez, Simón Viña (1), Jorge Rodríguez (1), Daniel Periscal (13).

Xestaservi Bm. Cañiza (14+19): Whenhao Cheng, Martín Ogando (4), Brais Fernández (5), Daniel Lusquiños (4), Alejandro Álvarez (3), Óscar Guerrero (7), Xosé María González (9), Marcos López (1), Diego Rodríguez.

Árbitros: Iván Hernández do colexio galego.

Incidencias: Partido correspondente a 4ª xornada do Grupo polo título na liga cadete prata, disputado no pavillón Carballo Calero (Carballo).