Previa do 9 de abril

1ª Nacional

O Calvo Xiria, buscará un resultado positivo diante da súa afección. O rival, Carnes Doribeiro Ourense, está en plena loita pola permanencia, e iso dificulta o choque; xa que ten un hándicap emocional, engadido e fará que os 60 minutos de partido sexan vitais. Por tanto, os dous equipos deben empregarse a fondo para conseguir os dous puntos. O Calvo Xiria, ademáis quere empezar desde o principio con boas sensacións. A defensa e o contraataque serán armas importantes un vez soe o asubío inicial. Os visitantes, xogan a parciais, tanto positivos, como negativos, nunca se van do partido, e ese carácter competitivo empuxaralles, a pelexar ata o final. Especial atención deberá prestar o Calvo Xiria ás situacións de pivote 1×1 e 2×2, e seleccionar o momento das axudas e ser eficaces á hora de cortar o xogo de Carnes Doribeiro. Jorge Bouzas que viña arrastrando dores nos últimos meses, finalmente tivo que parar e non poderá xogar, e tampouco poderá contar cos xuvenís Julián García e Martín Fuentes polo seu compromiso coa selección Galega. O técnico Adrián Dubra convocará a Esteban Puñal, procedente do equipo xuvenil e que poderá debutar de maneira oficial co Calvo Xiria. Polo que, dispón de xogadores suficientes para desenvolver o xogo habitual do equipo. O partido será o sábado as 20:00 no pavillón Vila de Noia (Carballo).

 

Categorías base

Xornada de descanso nas competicións da FGBM.

A pesares do parón, os equipos Alevín 7 (Carpintería Gómez Xiria, Laber Xiria, Garaysa Xiria e Reneymar Xiria) xogarán partidos amistosos en Culleredo na mañá do sábado.

Esa mesma mañá,pero no pavillón do CEIP Fogar, farán o mesmo os equipos prebenxamíns: Laber Xiria A, Laber Xiria B e MP Distribuciones Xiria.