As Escolas Balonmán Xiria participan na cuarta estancia do proxecto europeo «Práctica Deportiva e Inclusión Social»

Despois de que nos tocara a nos traballar no mes de Agosto, voltamos a coller as maletas para viaxar cara a penúltima estancia do Proxecto.

Do 6 ao 11 de Novembro viaxaron a París as representantes do Xiria Juana Garrochena, Olalla García, Catalina Gili e Patricia García, para ser recibidas pola Asociación France Amérique Latine, asociación vinculada a Solidaridade Internacional.

Os anfitrións presentaron un programa titulado: “Urban sports”, onde quixeron mostrar o papel integrador do deporte urbán: Roller-Skate, Capoeira, Karate, etc. e a importacia do Deporte como propulsor da Integración Social. De ahí os faladoiros que organizaron e que vinculaban o deporte coa: Educación Popular, Inserción Profesional, Inmigración, e demáis temas relativos a combater a exclusión social.

Para coñecer o programa que se desenvolveu en París premer aquí