CALVO XIRIA 23 – BALONMÁN CANGAS 19

LIGA DE 1ª DIVISIÓN ESTATAL – XORNADA 14
22/12/2012 CALVO XIRIA 23 – BALONMÁN CANGAS 19

Calvo Xiria 23 (12+11): Kike [p], Cuco, Gonzalo (4), Manuel (2), Chimpo (4), Jesús (2), Sergio (4 ) -equipo inicial- Iago [p], Mario, Ramón, Jorge, Dubra (5), Alex, Brais (2).
Balonmán Cangas 19 (8+11): Lagoa [p], Iván (3), Krook (6), Veloso (1), Pumar (4), Hugo (1), Cordeiro -equipo inicial- Juncal [p], Villar, Menudiña (2), Camiña (2), Molanes.
Colexiados: Andrés Rosendo López e Sergio Rodríguez Estévez do colexio galego. Moi mala arbitraxe a vista no Vila de Noia. Excluíron aos locais: Cuco (min 5 e 47), Ramón (min 13 e 18), Jesús (min 21), Alex (min 34) e Sergio (min 35), e por parte visitante a Iván (min 8 e 17), Molanes (min 23), Cordeiro (min 26), Menduiña (min 33 e 43), Veloso (min 36).
Marcador: 2-2, 5-2, 6-3, 7-4, 10-6, 12-8 (descanso); 15-9, 17-11, 20-13, 20-15, 21-18, 23-19(final).
7 metros: Calvo Xiria: 4 / 4 ### Balonmán Cangas: 1 / 2
Moi boa entrada con preto de 350 seareiros no Municipal Vila de Noia

Primeira xornada da segunda volta a que se disputou en Carballo este sábado. O rival, o Bm. Cangas, viña de acadar un empate ante o Chapela, 2º clasificado da liga, o que fala ben ás claras da calidade que atesoura o equipo do Morrazo. Non hai que esquecer que varios dos seus compoñentes disputan minutos, e moitos, no equipo de Asobal, entre eles o carballés Iván Amarelle.

Moito traballo en defensa e poucas perdas de balón foron as premisas para os xogadores locais, conscientes da importancia de non permitir ataques cómodos aos pontevedreses nin regalarlles balóns para que tirasen proveito dunha das súas armas preferidas, o contraataque. E dende logo que no apartado defensivo cumpriron os verdes nos día de hoxe cun nivel altísimo. Moitísimo traballo e intensidade impedindo que o rival obtivese un so gol sen moito traballo, o que unido á achega debaixo dos paos dos porteiros carballeses puxo dende o inicio o partido moi costa arriba para os xoves xogadores cangueses. Outro cantar foi o apartado ofensivo no que o Calvo Xiria non tivo hoxe o día, tanto na elaboración do xogo coma na finalización.

O partido de hoxe supón unha nova baixa para o conxunto bergantiñán esta tempada xa que Álex, por mor de estudos marcha para o estranxeiro. Eso si, despediuse do Vila de Noia amosando de novo unha enorme capacidade de defensa, sen dúbida un artífice moi importante para a conquista destes dous puntos e doutros moitos. MOITA SORTE NESTA NOVA ANDAINA!!!

Agora toca un longo parón na liga de 1ª Estatal, será o 2 de Febreiro o próximo encontro oficial para o Calvo Xiria, mais no Vila de Noia o balonmán oficial non regresará ata o 16 de Febreiro. O parón polo Mundial de balonmán que se celebra en España fai que os xogadores carballeses vaian estar case mes e medio sen xogar un partido oficial.