Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

ASESORÍA SUEIRO XIRIA 10 – EM CAMARIÑAS 11

Asesoría Sueiro Xiria: Rosana (2), María (2), Carolina (3), Cristina (3), Paula, Noelia, Florencia -equipo inicial-. EM Camariñas: Noelia, A. Pérez (2), Estela (5), Leticia (3), Nería (1), Yesica, Elisabeth…

Asesoría Sueiro Xiria: Rosana (2), María (2), Carolina (3), Cristina (3), Paula, Noelia, Florencia -equipo inicial-.

EM Camariñas: Noelia, A. Pérez (2), Estela (5), Leticia (3), Nería (1), Yesica, Elisabeth -equipo inicial- Nuria, Cristina, Yolanda, Raquel, Sandra, Lucía, E. López

Colexiados: Os colexiados pasaron desapercibidos.

O Asesoría Sueiro Xiria nun puido conseguir a vitoria no partido que o enfrontaba coa EM Camariñas pertencente á 5ª xornada do Trofeo Delegación Territorial na categoria infantil feminina. Ao final o equipo palilleiro levousa a vitoria da pista carballesa por un axustado 10-11.

Durante a primeira metade as visitantes amosaron unha clara superioridade en todos os aspectos do xogo sobre o Xiria chagando ao intermedio cun parcial favorable de 4 goles, 4-8.

Na reanudación, o equipo de Carballo reaccionou e aumentou a súa intensidade demostrando así a progresiva mellora que vai experimentando segundo avanza a campaña. A segunda parte foi totalmente de dominio carballés, onde todas as integrantes do equipo tiveron unha participación activa e fundamental no desenvovemento do choque. A pena, foi que, a pesar do parcial da segunda metade de 6-3 a prol das carballesas, non se puidera culminar cun trunfo nun partido vibrante, deixando ás rapazas de Fernando Vázquez ás portas da vitoria.

Mellora importante e ilusionante das rapazas da Asesoria SueiroXiria que a vindeira fin de semana viaxarán a Camariñas para medirse ao mesmo adversario en encontro pertencente á 2ª xornada e que fora aprazado no seu día.