ASESORIA SUEIRO XIRIA 14 – EM CAMARIÑAS 18

Asesoria Sueiro Xiria (5+9) 14: Rosana, Carolina (6), Cristina (1), Sara, Leticia, Eva, Carla, Olalla (1), Patricia (1), Lorena, Aida (8), Alba, Belen (1), Tamara (6). Adestrador: Juan M. Rodríguez.
Escola Municipal Camariñas (11+7) 18: Maria (1), Alicia (8), Carolina (1), Nieves (1), Carla (1), Yenifer (5), Yenifer Carril (1), Sandra (1), Nerea (1), Raquel (1), Leticia. Adestradora: Mónica Barreiro.
Colexiado: David Diez. Moi discutido polos locais.

O físico e a inexperiencia foi o que sentenciou o equipo carballés na penúltima xornada da liga provincial feminina, última para as carballesas, fronte a un duro rival como foi o Camariñas.

O físico do Xiria só aguantou 15 minutos nos que un equipo baixo mínimos e con tres alevins no seu plantel plantou cara a un poderoso Camariñas. A partir de aí, o Camariñas que plantexou un partido moi veloz dende o principio e con continuas variacións de xogadoras (a súa maior profundidade de banquillo así o permitía) foise marchando pouco a pouco no marcador ata adquirir unha vantaxe de seis goles. Seis goles que aumentaron ata sete nos primeiros 5 minutos da segunda parte.

Pero o equipo dirixido hoxe por Juan M. Rodríguez (por mor de que o seu adestrador Fernando Vázquez non podía asistir) sacou toda a súa casta na segunda metade e foise a pola remontada. Conseguiu diminuir a vantaxe a tres goles, pero a menor experiencia das xogadoras carballesas traicionounas e provocou numerosos erros en pases, lanzamentos, pasos. En definitiva erros que o Camariñas soubo aproveitar para manter a renta ata o final.

Hai que estar contento co debut destas xogadoras que no seu primeiro ano na competición e ante rivais máis experimentadas deron a cara en todo momento. Dato que nos fai presaxiar que nun futuro estas xogadoras terán moito que dicir.