ASESORIA SUEIRO XIRIA 29 – BM. PONTEDEUME 14

Asesoría Sueiro Xiria: Guillín, Cristophe ( 5 ), Gonzalo ( 6 ), Alejandro ( 2 ), Joaquín ( 7 ), Jesús ( 3 ), Aitor ( 5 ) – equipo inicial – Anxo ( 1 ), Manuel, Diego, Iago, Eloy ( 1 ).

Balonmano Pontedeume: Héctor, Unay ( 5 ), Adrián, Enrique ( 4 ), Pablo, Emilio, Santiago– equipo inicial – Bruno, Diego, Daniel, Piñeiro ( 2 ), Jorge, Javier ( 2 ).

Colexiado: Os colexiado Pereira Navaza tivo unha correcta actuación.

O Asesoría Sueiro Xiria inciou a liga provincial xuvenil masculina colleitando unha victoria ante o Bm. Pontedeume por un cómodo 30 a 13, no tempo de lecer o electrónico xa refrictía un contundente 15 – 6.

Sen facer un partido brillante en ningún aspecto a Asesoría Sueiro non pasou ningunha dificultade para acadar os dous puntos en liza. Dende os primeiros compases deixaron claros os dous equipos que se encontran no inicio da competición e cometeron unha grande cantidade de erros motivados pola falla de rodaxe. Ainda con todo a diferencia ca que se chegou o remate do encontro fala ben as claras do maior potencial actualmente do cadro carballés.

A vindeira xornada, domingo ás 11 :00 horas, o conxunto do Xiria desprázase a Ferrol para se enfrontar ó Tirso de Molina, equipo que descansou na primeira xornada.